Plan de Vivenda 2009-2012
PROCEDEMENTO
1º paso
: A urbanización protexida de solo
2º paso
: Cumprimento dos requisitos para acceder as axudas
3º paso
: Axudas
1º paso: A URBANIZACIÓN PROTEXIDA DE SOLO
O plan de vivenda 2009-2012 ofrece axudas para a urbanización de solo destinado á promoción
de vivendas protexidas sempre que:
Polo menos o
50% da edificabilidade residencial da unidade de actuación se destine a vivenda
protexida
Ir ao comezo
2º paso: CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA ACCEDER AO
FINANCIAMENTO
¿Que requisitos hai que cumprir para acceder ao financiamento?
1)Ten que acreditar previamente a propiedade do solo, unha opción de compra ou un
dereito de superficie ou concerto formalizado con quen ostente a propiedade do solo ou un dereito
que conceda facultades para efectuar a urbanización.
2)
Suscribir o compromiso de iniciar dentro do prazo máximo de 3 anos a construción de polo
menos o 30% das vivendas protexidas de nova construción, contados desde que o Ministerio
de Vivenda da a conformidade ao financiamento da subvención.
3) Ten que remitir ao
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) á solicitude de financiamento e a
documentación que se require no modelo de solicitude que está dispoñible na páxina
web.
A solicitude ten que presentarse
antes da obtención do préstamo convido correspondente á promoción das vivendas
protexidas de nova construción que se vaian a edificar no dito solo.
Poderá obter préstamo convido sempre e
cando a unidade de execución ou parte da mesma non as recibira de plans estatais
anteriores.
O préstamo convido:
A resolución de concesión do préstamo pode facerse efectiva en calquera entidade de
crédito colaboradora do Plan de Vivenda.
A
contía do préstamo convido non poderá exceder do produto da superficie edificable,
segundo figure na memoria de viabilidade técnico-financeira do proxecto, multiplicada polo 20% do
Módulo Básico Estatal (MBE) vixente no momento da calificación da actuación como protexida e sen
exceder do coste total da actuación.
A suma dos
períodos de amortización e, no seu caso, de
carencia que será como máximo de 2 anos, non poderá superar os 4 anos.
Non será preciso a garantía hipotecaria, salvo que a entidade de crédito
colaboradora o considere necesario. No caso de que o préstamo tivera garantía hipotecaria, quedará
vencido anticipadamente no suposto de que antes de concluír os prazos indicados anteriormente, o
prestatario transmitira a titulo oneroso o solo obxecto da financiación, salvo que o adquirente de
dito solo se subrogara en dito préstamo.
Tipo de xuro fixo ou variable a elección do promotor.
Non terán comisión ningunha.
O préstamo concedido vencerá anticipadamente no caso de que se obtivera un novo préstamo para
financiar a promoción de vivendas que acometa o prestatario por si mesmo ou mediante concerto cun
promotor.
Non obstante
a escritura do préstamo para a urbanización, poderá prever que se o promotor do
solo, antes de concluír o prazo de amortización do préstamo obtén a
cualificación provisional de vivendas protexidas, poderá adaptar as
características de dito préstamo, as do préstamo á promotores de vivendas protexidas de nova
construción.
Ir ao comezo
Teléfonos de axuda e direccións de interese:
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
|
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
|
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
|
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
|
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
|