Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rexistros » Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia » Sección 4ª: Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Sección 4ª: Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao programa Aluga

Normativa:
-         Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103; do 2 de xuño).
-         Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13; do 21 de xaneiro).

 

 
As unidades familiares o de convivencia deberán reunir os seguintes requisitos básicos:
-         Ter uns ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM (cando se trate de colectivos cualificados non será necesario acreditar dito límite mínimo).
-         Non ser titulares doutra vivenda.
-         Estar ao día nas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non ter débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
-         Residir ou desenvolver a súa actividade en Galicia.
-         Non ser perceptor de axudas públicas de programas autonómicos de fomento do aluguer.
-         Estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

 

 
Colectivos prioritarios e cualificados:
Colectivos prioritarios: (Ingresos entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM)
-         Menores de 35 anos.
-         Maiores de 65 anos.
-         Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-         Familias numerosas.
-         Familias monoparentais con fillos.
-         Persoas dependentes ou con discapacidade, e as familias que as teñan ao seu cargo.
-         Persoas separadas ou divorciadas, ao día no pagamento de pensións alimenticias e, de ser o caso, compensatorias.
Colectivos cualificados: (Ingresos menores a 0,7 veces o IPREM e pertenza a algún dos seguintes colectivos)
-         Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-         Persoas dependentes ou con discapacidade, e as familias que as teñan ao seu cargo.
-         Emigrantes retornados (nos dous anos anteriores).
-         Persoas perceptoras da Risga.
-         Persoas perceptoras de pensións.
 

 

 
Solicitudes de inscrición na Sección 4ª:
¿Cando se poden presentar as solicitudes de inscrición ou anotación na Sección 4ª?
-         Demandantes incorporados ao PVA : No prazo dun mes desde a publicación do Decreto 84/2010 (o prazo finaliza o 2 de xullo de 2010) , de presentala en dito prazo conservarán a antigüidade da súa demanda no Programa Aluga.
-         Noutro caso : Poderán presentar a solicitude a partir do 2 de agosto, se a presentan se admitirá pero non terá efectos ata o 2 de agosto (data de entrada en vigor do Decreto 84/2010, do 27 de maio). Data de antigüidade na Sección 4ª
¿ Como teñen que presentar a solicitude de inscrición ou anotación na Sección 4º?
-         Se xa está inscrito noutra sección do Rexistro : Só teñen que presentar o anexo dos impresos de solicitude denominado: ”Formulario para a inscrición ou anotación na Sección 4ª do Rexistro” e, no seu caso, a documentación que acredite a pertenza a algún dos colectivos prioritarios ou cualificados.
-         Se non están inscritos noutra sección do Rexistro : Deberán presentar os impresos de solicitude cos seus anexos, xunto coa documentación esixida pola normativa de aplicación.
Data de antigüidade na Sección 4ª do Rexistro:
-          Regra xeral : data da solicitude de inscrición ou anotación en dita sección.
-          Solicitudes de demandantes do PVA presentadas antes do 2 de xullo:antigüidade no PVA.
-          Outras solicitudes presentadas entre o 2 de xuño e o 2 de agosto: 2 de agosto
Máis información e impresos de solicitude (onde se relaciona a documentación a presentar) en:

 

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto