Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (59) Estou redactando o proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar composta por unha edificación principal e unha edificación adxectiva (separada da edificación). Como a superficie da vivenda é moi xusta, pensaba incorporar na edificación adxectiva unha zona de tendal, lavadoiro, e o almacenamento xeral da vivenda. Segundo o apartado I.A.2.1.c) as dependencias que conforman as vivendas deberán estar comunicadas entre si a través de espazos pechados de uso exclusivo dos seus moradores... ¿quere isto dicir que a zona de almacenaxe debe estar obrigatoriamente dentro da edificación principal co resto das estancias ou quere dicir que as dependencias se comunicarán a través da propia parcela pero hai posibilidade de que estean en edificacións diferentes?

2 (59) Seguindo co espazo de almacenamento: se teño un soto nunha vivenda unifamiliar ¿podería ubicar o almacenamento xeral nunha zona dese garaxe (cunha separación física ou non) ou tería que estar obrigatoriamente nunha zona de corredor independente?

3 (64) A superficie mínima de almacenamento persoal das estancias ¿débese localizar obrigatoriamente no interior de cada unha das mesmas ou pode compensarse o déficit de superficie de almacenamento dunha estancia co aumento da superficie mínima da outra?. É dicir, a superficie a destinar a almacenamento persoal nunha vivenda se computa de xeito local ou global?. Caso concreto: dous dormitorios de superficie maior de 12 m2, superficie de almacenamento: 2x1,20 m2. ¿Sería válido que nun dos dormitorios se reservasen 0,90 m2 e no outro 1,50 m2, ou debe estar localizada a superficie mínima en cada unha das estancias indicadas?

4 (53) Almacenamento xeral: se o espazo de almacenamento xeral pode dispoñerse nun recinto independente ¿como se compaxina esta posibilidade coa profundidade máxima de 0,75 m.?¿un recinto de 1 m. x 1 m. cumpre?

5 (57) Estamos desenvolvendo un proxecto de vivenda colectiva e temos as seguintes dúbidas sobre os espazos de almacenamento:

Páxina 1 de 1