Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (149) Unha comunidade de baixo+5 plantas con ascensor, construída nos anos 70, pretende subir o ascensor ata a planta baixo cuberta (unha máis: 6) instalando un novo, porque os de mantemento lles din que teñen que “adaptalo ás NHG vixentes”. O oco actual é de 1,55x1,35 m. (aproximadamente). ¿Como pode adaptalo se se esixe, nas NHG, que o oco mínimo sexa de 1,70x1,60 m. e a cabina de 0,90x1,20 m.?

2 (84) No caso de rehabilitación parcial nun edificio:1-Se só se incorpora un ascensor novo contiguo á escaleira actual pero sen modificar a escaleira, ¿considérase que o ascensor ten que cumprir as NHV 2010, pero non a escaleira porque só o ascensor é novo?. 2-Se se incorpora un ascensor no oco dunha escaleira vella, (que polo tanto non cumpre coa ventilación) ¿considérase que a zona común e todo, polo tanto a escaleira, ten que cumprir coa ventilación?. Iso suporía demoler o edificio case enteiro para desprazar a escaleira ao patio para ventilar, e non parece razoable...3- ¿Que organismo concede a excepcionalidade e cal é o orde respecto á licenza do concello, preséntase o proxecto no concello e é este o que xestiona a excepcionalidade, ou é previo presentalo na Xunta para que concedan a excepcionalidade despois no concello?

3 (124) Estou realizando un proxecto de edificio de vivendas de B+2 plantas no que non é obrigatoria a instalación de ascensor. Sen embargo proxéctase un ascensor nas devanditas escaleiras. A miña pregunta é se as escaleiras teñen que ter iluminación e ventilación natural ou chega só coa iluminación e ventilación artificial.

4 (14) Sobre unha vivenda existente situada en planta primeira preténdese a ampliación dunha nova vivenda en planta segunda situada a 7,50 m. sobre o portal. ¿É exceptuable a obriga de deixar un oco libre para poder inscribir un cadrado de lado mínimo de 1,60x1,60 m, que permita instalar no futuro un ascensor con acceso a todas as plantas (punto I.B.3.4. Ascensores. b)?

5 (29) Trátase dun edificio de vivendas cunha antigüidade aproximada de 25 anos, conta con planta baixa destinada a local comercial, e cinco plantas máis destinadas a vivenda a razón dunha vivenda por planta, e non conta con ascensor. A comunidade de propietarios pretende dotar de ascensor ao edificio e, despois de analizar a situación, a única opción factible, na nosa opinión, é a colocación da devandita instalación no patio de luces polo que se ilumina a cociña, o baño e un dos dormitorios de cada unha das cinco vivendas. Acaroaríase ao muro de peche da escaleira e o embarque se realizaría dende a meseta da mesma. As dimensións do patio, actualmente, non cumpren co establecido pola normativa de habitabilidade. Coa colocación do ascensor as condicións de iluminación veríanse diminuídas, por esta razón se opta por un elevador pneumático de baleiro, absolutamente panorámico, de dimensións moi reducidas (95 cm. de diámetro). Consultado o técnico municipal ao respecto, nos remite ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, entendendo que se pode aplicar o criterio de excepcionalidade do cumprimento das condicións de habitabilidade.

Páxina 1 de 1