Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (152) Segundo o apartado I.A.3.2.2.6 Lavadoiro,...b) Nas vivendas dunha única estancia, cando esta e a cociña constitúan un único espazo, poderá accederse ao lavadoiro dende dito espazo ou dende o baño. No resto dos casos, deberá accederse dende os espazos de comunicación ou dende as cociñas. Nun edificio de vivendas ¿poderíase acceder ao lavadoiro-tendal (integrados nun único espazo) a través dos espazos de comunicación do edificio, entendendo estes como os que se regulan no apartado I.B.3.3. Espazos de comunicación?

2 (59) Seguindo co espazo de almacenamento: se teño un soto nunha vivenda unifamiliar ¿podería ubicar o almacenamento xeral nunha zona dese garaxe (cunha separación física ou non) ou tería que estar obrigatoriamente nunha zona de corredor independente?

3 (59) Estou redactando o proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar composta por unha edificación principal e unha edificación adxectiva (separada da edificación). Como a superficie da vivenda é moi xusta, pensaba incorporar na edificación adxectiva unha zona de tendal, lavadoiro, e o almacenamento xeral da vivenda. Segundo o apartado I.A.2.1.c) as dependencias que conforman as vivendas deberán estar comunicadas entre si a través de espazos pechados de uso exclusivo dos seus moradores... ¿quere isto dicir que a zona de almacenaxe debe estar obrigatoriamente dentro da edificación principal co resto das estancias ou quere dicir que as dependencias se comunicarán a través da propia parcela pero hai posibilidade de que estean en edificacións diferentes?

4 (138) Non acabo de ler claro nas normas que se dispoño dun salón cociña como espazo obrigado de comunicación a todas as estancias da casa, pode selo tamén do único baño, é dicir, que se acceda ao baño directamente dende o salón cociña. O mesmo co lavadoiro-tendal, ao que ten que accederse dende a cociña. Supoño que non pasa nada se esa porta se abre ao salón-cociña, que é a estancia maior.

5 (82) Estamos estudando un edificio de vivendas dunha soa estancia no que o acceso se produce directamente dende as zonas de comúns do edificio á estancia maior-cociña, cunha superficie total de 32 m2 (25+5+2). ¿A este espazo pode abrir directamente o baño e, a través del o lavadoiro-tendal, ou é necesario interpoñer un vestíbulo previo?

6 (79) Estou desenvolvendo unhas vivendas de protección oficial e gustaríame saber se se pode facer un único espazo de aseo-lavadoiro que cumpra coa suma das áreas (1,5+1,5), é dicir 3 m2.

7 (71) Nunha vivenda de dúas plantas (ben sexa dúplex ou unifamiliar) ¿necesariamente o baño estará situado en planta baixa? Entendendo por baño o que conta con máis de 5,00 m2, e 1,60 m. entre paredes enfrontadas e no que se poida inscribir un círculo de 1,50 m. para poder facelo accesible. ¿E se existe outro baño ou aseo que, aínda non contando cos 5,00 m2 poida ser accesible en planta baixa e o baño de máis de 5,00 m2 estivera enriba?

8 (70) ¿Admítese a creación dun aseo en planta soto ou semisoto?

9 (19) Lavadoiro e zona de tendal: Segundo o apartado I.A.2.1.c "as dependencias que conforman as vivendas deberán estar comunicadas entre si a través de espazos pechados de uso exclusivo dos seus moradores. Se exceptúan de este requisito os anexos das vivendas", enténdese que os anexos non teñen por que estar vinculados á vivenda, senón que poderían estar, tratándose dun edificio de vivendas, no soto, no baixo cuberta, ou na zona común do edificio. A dúbida é se o lavadoiro, tendal e o rocho son anexos e polo tanto poden estar independentes da vivenda propiamente dita e situarse, por exemplo, noutra planta distinta á da vivenda, ou polo contrario son considerados dependencias e deben ser só accesibles por espazos da vivenda e non a través de espazos comúns ao edificio.

10 (10) Nunha vivenda unifamiliar, na que o garaxe é individual privado e está anexo á vivenda, ¿pode accederse ao lavadoiro a través do mesmo, entendendo como espazo de comunicación o propio garaxe?. Eu entendo que si, polo mesmo que a un rocho (nunha vivenda plurifamiliar) se pode acceder a través dun garaxe colectivo, entendéndoo como espazo de circulación común. A norma do hábitat sinala sobre o lavadoiro que: "no resto dos casos, deberá accederse desde os espazos de comunicación ou desde as cociñas."

Páxina 1 de 2