Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (52) AMPLIACIÓN DE VIVENDA UNIFAMILIAR. Recibín o encargo para a ampliación dunha vivenda unifamiliar existente. As obras consistirían en ampliar a superficie da vivenda en dúas plantas cun programa consistente nun dormitorio, un baño e unha sala de estar, trátase polo tanto dunhas obras de ampliación de vivenda segundo o apartado B.1. das NHV. Aplicando o artigo 15º entendo que só tería que cumprir as determinacións das NHV na parte ampliada. A dúbida xurde á hora de establecer a superficie desas novas estancias. Consideraría que teño 2 estancias na parte a ampliar e cada unha tería que cumprir a superficie E1 (16 m2) e E2 (12 m2) ou non tería que cumprir superficies mínimas en cada unha delas xa que non se trata dun programa mínimo de vivenda?

2 (156) En referencia ao apartado I.A.3.2.2.4. do decreto 29/2010 de habitabilidade de vivendas de Galicia, entendendo que o local dedicado a cuarto de baño cumpre a condición de baño practicable esixida no apartado b, aos efectos de superficie mínima de 5 m2 asignados na táboa 2 para o cuarto de baño ¿pódese considerar a superficie daquelas zonas do local que, sendo axeitadas para a ubicación da ducha ou doutros aparellos sanitarios, non cumpran coa condición de distancia mínima de 1,60 m entre paramentos enfrontados?

3 (153) Temos decidido situar unha cociña dentro da estancia maior (cociña americana). A distancia entre paramentos na zona correspondente á cociña ¿ten que ser 2,7 m. ou podería ser 1,8 m.?

4 (75) Consulta acerca do apartado I.A.3.2.2.4: no punto b) deste apartado di textualmente: "a disposición dos aparellos sanitarios deberá ser tal que permita convertelo en cuarto de baño de uso practicable para persoas con mobilidade reducida segundo a normativa de accesibilidade", a normativa de accesibilidade de Galicia, diferenciando entre adaptado e practicable, fala de un círculo de 1,2 de diámetro para practicables e 1,5 para adaptados, sen embargo, no esquema gráfico das NHV, fan mención das carácterísticas dun aseo accesible, segundo o DB SUA onde se esixe un diámetro de 1,5 m. O DB SUA, no punto 1 condiciones de accesibilidad, no apartado 2 di " dentro de los límites de las viviendas, incluidas las unifamiliares y sus zonas exteriores privativas, las condiciones de accesibilidad únicamente son exigibles en aquéllas que deban ser accesibles", no punto 1.2.1 viviendas accesibles di: “los edificios de uso residencial vivienda dispondrán del número de viviendas accesibles para usuarios de sillas de ruedas y para personas con discapacidad auditiva según la reglamentación aplicable”. Posto que para o DB SUA, só se esixe que as condicións de accesibilidade se cumpran nas vivendas que deban ser accesibles. NON ENTENDO PORQUE NO ESQUEMA GRÁFICO, SE ESIXE ESE CUMPRIMENTO DE 1,5 m., ¿poderíanme aclarar este punto?

5 (109) Respecto ao cumprimento das condicións do cuarto de baño principal segundo o D. 29/2010, remítese ao DB SUA 9, que non inclúe dentro do seu ámbito de actuación o interior das vivendas. Aínda así, poderíamos tomar a definición de “aseo accesible”, pero é máis cuestionable tomar a de “itinerario accesible” (excesivamente esixente).

6 (88) Segundo a nova lei do hábitat: -fiestras nas cubertas: permítese a iluminación e a ventilación a través de fiestras nas vertentes das cubertas, sempre que se garantan vistas similares ás que permitiría unha ventá na parede;-lavadoiro e tendal: mínimo 1,50 m2. de lavadoiro e 1,5 m2. de tendal, que pode ser espazo pisable.

7 (94) Esta consulta refírese ao segundo cuarto de baño dunha vivenda e á definición de cuarto de aseo. A miña pregunta é: se na vivenda se proxecta un segundo cuarto de baño (ademais do obrigado) ¿ten que ter polo menos a superficie e dimensións que se lle esixen ao cuarto de baño obrigado ou pode ter unhas dimensións e unha superficie calquera? Ou quizais se entende que o segundo cuarto de baño debe ter as dimensións dun cuarto de aseo, aínda que teña bañeira ou ducha. Entendo, por definición, que un cuarto de aseo é aquela peza que nunha vivenda ten lavabo e retrete, e un cuarto de baño, aquela que ten lavabo, retrete, bañeira e outros sanitarios. Podería facerse o acceso ao cuarto de baño non obrigado a través dunha estancia distinta da maior?

8 (78) Se nunha vivenda unifamiliar hai dúas entradas e unha delas, a principal, cumpre co establecido no I.A.3.3. e admite un círculo de 1,5x1,5 m. ¿a outra pode non admitir ese cadrado?.

9 (69) Espazo de acceso interior da vivenda. No caso de que a vivenda teña varios accesos, un principal e outro -por exemplo- a través da cociña ou ao final dun corredor, ¿aplícase a todos eles o que di o apartado I.A.3.3.c?. Cando nese apartado se fala da inscrición dun cadrado libre de obstáculos de 1,50x1,50 ¿enténdese que un corredor ou o arranque dunha escaleira ou dunha porta que non abra cara ese cadrado é un obstáculo?

10 (3) O cadrado base a inscribir na planta das estancias segundo o establecido no epígrafe I.A.2.2 ¿pode ser invadido polo varrido da porta de acceso á estancia?.

Páxina 1 de 1