Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (154) A superficie de iluminación considérase só a superficie da zona acristalada da fiestra ou todo o oco da fiestra. Para comprobar a superficie mínima de iluminación, ao oco da fiestra descóntolle os marcos e as zonas paneladas. ¿Estou no correcto?.

2 (106) Segundo o punto I.B.3.2.3 das NHV, en canto á ventilación das escaleiras cumpriranse as disposicións do DB-SI do CTE. As esixencias de ventilación do DB SI só fan referencia ás escaleiras protexidas e especialmente protexidas (Anexo de terminoloxía). ¿Podería entenderse entón que unha escaleira non protexida (altura de evacuación inferior a 14 m.) con instalación de ascensor non precisa ningún tipo de ventilación?.

3 (139) A miña dúbida ten relación co cómputo da iluminación dunha estancia: as normas de Habitabilidade din que toda estancia terá luz directa cunha superficie mínima de 1/8, entón: unha estancia de 15 m2 (Estancia E2) das cales computamos 12 m2, e computando o 10% con largo menor de acceso ao baño serían 1,20 m2 máis, daríanos unha superficie total de 13,20 m2. A miña dúbida é: cal é a superficie a ter en conta para o cálculo da iluminación, xa que ao meu entender serían 12,00 m2 (como máximo 13,2 m2) pero non os 15 m2, xa que aínda que esta sexa a superficie real, non sería a computable a efectos de habitabilidade, á vez que, ao ser unha zona de paso, o aumento da superficie de iluminación non melloraría a esta zona, pero si prexudicaría á envolvente térmica da estancia e ao cumprimento de HR.

4 (124) Estou realizando un proxecto de edificio de vivendas de B+2 plantas no que non é obrigatoria a instalación de ascensor. Sen embargo proxéctase un ascensor nas devanditas escaleiras. A miña pregunta é se as escaleiras teñen que ter iluminación e ventilación natural ou chega só coa iluminación e ventilación artificial.

5 (83) Estou estudando un proxecto de cambio de uso de oficinas a vivenda nun edificio de vivendas. As novas vivendas serían en planta baixa e xúrdeme a dúbida da protección de vistas das mesmas, xa que o forxado do piso está a nivel da rúa. ¿As fiestras poderían dar a un espazo privado de uso común, como por exemplo a entrada ao garaxe ou a entrada peonil ao edificio?.

6 (48) ¿É necesario dispoñer de iluminación e ventilación natural na escaleira dun edificio no que sexa necesario dispoñer de ascensor de acordo co CTE e coas NHV?. ¿No caso de vivendas de protección existe algunha normativa adicional de aplicación?

7 (67) A consulta é en relación coa obriga de iluminación natural nas escaleiras. As NHV-2010 din no seu apartado I.B.3.2.2.c: A iluminación natural, cando sexa obrigada, pódese establecer por medio de ocos a fachadas ou patios interiores regulados en I.B.2.1, cuxa superficie mínima será de 1,00 m2 en cada planta, podendo reducirse a superficie de ventilación a 1/4 da anterior. ¿Cando é entón obrigada a iluminación natural?. ¿No caso dun edificio de vivendas de B+3+BC tamén vale a iluminación a fachada?

8 (28) Segundo o punto 1.A.1.2.k (das NHV) nas actuacións de rehabilitación de vivendas existentes non será esixible o cumprimento do resto das indicacións deste punto no caso de que se manteñan os ocos de iluminación e ventilación existentes. Pregunta: se nunha obra de rehabilitación de vivenda tradicional, (sen ningún tipo de protección específica) en solo rústico (núcleo tradicional non recollido nas NNSS), na estancia-salón se abre un oco a maiores dos existentes, sen que a suma de todos os ocos cubran os límites mínimos de ventilación e iluminación dados polas NHV para o caso xeral, ¿é preciso solicitar algún tipo de excepcionalidade ou enténdese que son actuacións dentro dunha obra de rehabilitación coas limitacións de deseño e estruturais que estas impoñen?

9 (39) Os baños e aseos: ¿teñen que dispoñer de luz natural?

Páxina 1 de 1