Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (114) A consulta afecta a un local destinado a garaxe na planta soto dun edificio de vivendas realizado cun proxecto de execución do ano 1984. Esta planta dispón dun único acceso dende a vía pública a través dunha rampla de ancho 2,50 m. e pendente variable (máximo 22%), con portalón automatizado. Non dispón de comunicación vertical interior co resto das plantas do edificio. No proxecto de execución do edificio non se delimitaban as prazas de garaxe, e os propietarios do soto (2 propietarios) o son da totalidade da planta, utilizando o aparcamento “á súa maneira”. A propiedade pretende realizar obras de acondicionamento e mellora de dito local, tais como pintado e sinalización de prazas de garaxe, reforma da instalación eléctrica e adopción de medidas de protección contra incendios. Finalmente pretenden escriturar e rexistrar as prazas de garaxe. Dadas as características físicas preexistentes do local, resulta imposible cumprir gran parte das determinacións das NHV-2010 ao igual que o cumprimento íntegro do CTE-DB SI e SUA. ¿Podería considerar as obras a realizar como de adecuación funcional do edificio dado que se pretenden mellorar as súas condicións no referente aos requisitos básicos do CTE, e deste xeito, segundo o artigo 11 das NHV-2010 non serían de aplicación estas normas de habitabilidade? Se é así: ¿que criterios de deseño debería seguir para distribuír as prazas de aparcamento?. ¿Sería viable a xustificación do cumprimento parcial do CTE-DB SI e SUA?

2 (55) Edificio a proxectar nun concello que, segundo o solicitante, conta con planeamento, e ordenación detallada aprobada con anterioridade á entrada en vigor destas normas e nel se regulan as condicións dos espazos exteriores aos que poden abrirse os ocos de iluminación da estancia maior. Ademais, aclara que o planeamento obriga unicamente a que unha estancia (supoñemos que a maior) ventile e ilumine a través dun espazo exterior. A dúbida xurde co punto c. do artigo I.A.1.1 ¿este punto é aplicable aínda que exista este planeamento? Neste caso, se existen vivendas con máis dunha estancia ¿cantas teñen que ter iluminación e ventilación directa a través dos espazos exteriores: a maior e outra como di o punto c. ou só a que obrigan as normas municipais? Polo tanto: ¿prevalece a normativa municipal unicamente respecto das condicións dos espazos exteriores aos que poderán abrirse ocos de ventilación e iluminación da estancia maior das vivendas, sendo obrigado o que establecen as NHV-2010 respecto do número mínimo de estancias que deben dar a estes espazos, ou prevalece totalmente o que digan as normas que conteñan esta ordenación detallada?

3 (40) Atópome nun caso de incompatibilidade entre o planeamento e as NHV. Resulta imposible cumprir coa altura máxima de 1,10 m. de peto de ventás e 1,80 m. de altura mínima das ventás respecto da vía pública xa que para iso debería subir o edificio 70 cm. e non o permite o planeamento. Como se trata dunha obra nova ¿non é excepcionable?

4 (3) Para os voos e corpos saíntes (epígrafe I.B.1.2) en no caso de que os devanditos voos estean regulados pola normativa municipal (PXOM) e esta normativa non fixe o recuamento do voo da edificación con respecto á contigua, ¿é obrigado o cumprimento do apartado b, de que calquera voo debe recuarse da edificación contigua, polo menos, unha distancia igual á voada?. E no caso de que o planeamento municipal vixente admita voos ocupando a totalidade da fachada, ¿segue sendo obrigado o recuamento establecido polo epígrafe b do hábitat?.

5 (5) Se hai un planeamento aprobado e este ten ordenanzas de garaxe ¿aplícanse as determinacións das NHV?. ¿Que significa a aplicación "subsidiaria e complementaria", nese caso, das determinacións dese apartado das NHV?

Páxina 1 de 1