Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (145) Toda vivenda deberá contar cun rocho anexo inseparable da mesma. ¿Como se debe xustificar o seu cumprimento no proxecto?. ¿Pódese vincular a unha vivenda un rocho (ademais do esixido no artigo 7) de máis de 3 m2 mentres cumpra as condicións do apartado I.A.3.1.2. (para as estancias)?. ¿Pode un rocho en planta soto estar vinculado a unha praza de garaxe e ter acceso dende a mesma?

2 (113) Teño unha dúbida con respecto á ubicación do rocho nunha vivenda unifamiliar, lin as consultas da web da xunta pero non me quedou claro. Nunha vivenda unifamiliar ¿podería ubicarse o rocho nun anexo independente á edificación principal, por exemplo nunha zona de barbacoa?

3 (85) Solicítaseme un proxecto de cambio de uso dun pequeno local comercial para destinalo a vivenda nun baixo dun edificio de vivendas na cidade da Coruña. Como queira que o local non ten comunicación interior co resto do edificio, segundo as NHV, ¿é obrigada a reserva dun espazo de rocho no interior do local para este tipo de proxecto?. Si se dispón dun local de rocho no propio edificio pero para acceder ao mesmo é preciso saír ao exterior e acceder a través do portal, segundo as NHV ¿pódese deste xeito satisfacer a obriga de reserva de rocho?

4 (69) Rochos: ¿é obrigado que haxa un rocho nunha vivenda unifamiliar de nova planta?¿un rocho é unha estancia, un servizo ou un espazo de almacenamento xeral?. Uns clientes queren un espazo destinado a rocho na súa vivenda e que teña unha superficie superior aos 4 m2, teñen menos de 5 estancias e a superficie útil das estancias non supera os 100 m2. ¿Pode existir nunha vivenda unifamiliar un espazo de uso rocho de superficie superior a 4 m2 que cumpra só o que di o apartado I.B.4?

5 (8) O art. 7º establece a obriga dun rocho nas vivendas de nova construción. Para o caso dunha vivenda unifamiliar de nova construción: ¿sería necesario este rocho?

6 (8) No caso de ser obrigado o rocho ¿debe ter acceso desde o exterior da vivenda ou pódese acceder desde a mesma (I.B.4.a)?

7 (6) Á empresa na que traballo chegou o proxecto dunha vivenda unifamiliar illada realizada por outro compañeiro co que traballamos. A vivenda non inclúe rocho. Tiña entendido que ao non levar garaxe, debía estar incluído (o rocho) no interior da vivenda. Quería que me aclarasen este extremo.

8 (21) Segundo as normas de Habitabilidade, no caso de vivendas unifamiliares é necesario dispoñer de rocho. ¿Pode estar este rocho na edificación principal ou pode ser un anexo independente? Se ten que estar na edificación principal ¿pode estar aberto ao garaxe?

9 (35) O artigo 7º establece a obrigatoriedade dun rocho nas vivendas de nova construción. Para o caso dunha vivenda unifamiliar de nova construción: ¿sería necesario ese rocho?. En caso de ser obrigatorio ¿debe ter acceso dende o exterior da vivenda ou se pode acceder desde a mesma?

10 (42) No proxecto dunha vivenda unifamiliar de planta baixa composta de dous dormitorios, un baño, unha cociña, salón comedor, lavadoiro e os armarios correspondentes segundo as NHV 2010, quixera saber se é obrigatorio dispoñer dun rocho de 4 m2 de superficie e 1,60 m de largo. Posto que se dispón dun local para garaxe e como se trata dunha planta baixa destinada unicamente a vivenda, se fose obrigatorio dispoñer dun rocho quixera saber onde o poño se non pode estar dentro da vivenda e da súa envolvente térmica.

Páxina 1 de 1