Resolución do 12 de maio de 2022, da comisión provincial de vivenda de pontevedra, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias para vivendas de promoción pública en segundas e posteriores adxudicacións para o concello de Vigo.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus
obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de
vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.