Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Construír » Axudas directas a promoción e autopromoción

Axuda

Promoción de urbanización protexida de solo

Tipo: Promoción

Descrición:

Definición

Serán actuacións protexidas en materia de solo as de urbanización do mesmo para a súa inmediata edificación con destino, a lo menos no 50%, á promoción de vivendas declaradas protexidas


Axudas ó cargo do Ministerio de Vivenda 

A subvención consistirá nunha contía fixa en metálico por cada vivenda protexida que se constrúa.

 

% de edificabilidade para vivendas protexidas sobre a edificabilidade total
Contía xeral
(€/vivenda protexida)
Contía adicional por cada vivenda protexida < 70 m 2
>50
1.300
500
Áreas de urbanización prioritaria:
-         sen adquisición de solo
-         con adquisición de solo
 
 
2.500
2.800
 
 
500
500

 

O pago destas subvencións se fraccionará en función do desenvolvemento e xustificación da inversión e das dispoñibilidades orzamentarias do Ministerio de Vivenda.


Requerimentos:

 

Requisitos para acceder as axudas

O promotor deberá cumprir os seguintes requisitos xerais:

 

  • Acreditar previamente a propiedade do solo, unha opción de compra, un dereito de superficie ou un concerto formalizado co propietario.
  • Subscribir o compromiso de iniciar no prazo de tres anos, salvo que a normativa urbanística estableza outro, a construción de polo menos un 50% das vivendas protexidas que se vaian a construír. O prazo contará desde a conformidade do Ministerio de Vivenda á concesión da subvención.
  • Xuntar á solicitude de axudas unha memoria de viabilidade técnico-financeira e urbanística do proxecto que especificará a aptitude do solo para os fins perseguidos, os custes da actuación protexida, a edificabilidade residencial, o número de vivendas libres e protexidas a construír segundo a tipoloxía e coas características que poderían dar lugar á obtención das subvencións do artigo 47.1 do RD 801/2005, a programación temporal, o prezo de venda das vivendas protexidas, os demais usos do solo, o desenvolvemento financeiro da operación e os criterios de sostibilidade que se aplicarán á urbanización. 

 

Para acceder ás axudas destinadas ás áreas de urbanización prioritaria será necesario:

 

  • a declaración da área de urbanización prioritaria, que se fará mediante un acordo da Comisión Bilateral de Seguemento, entre o Ministerio de Vivenda e a Comunidade Autónoma, e coa participación do concello no que se ubique a urbanización. Poderán propoñerse para áreas de urbanización prioritaria: 
    • aquelas nas que se destine a lo menos o 75% da edificabilidade á promoción inmediata de vivendas protexidas.
    • cando o solo sexa de patrimonio público e a lo menos o 50% da edificabilidae residencial se destine a vivendas protexidas para arrendamento ou a vivendas de réxime especial ou de promoción pública
  • nas áreas de urbanización prioritaria a actuación protexida poderá incluir a adquisición onerosa do solo sempre que este aínda non fora adquirido no momento da solicitude das axudas. 

 

Exclusión

Non poderán obter axudas cando:

 

  • A solicitude se presente despois da obtención do préstamo convido correspondente ás vivendas protexidas de nova construción a edificar no dito solo.
  • A unidade de execución, o parte da mesma, xa as recibira, incluso no marco de plans estatais anteriores.


Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.