Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Facer unha rehabilitación » Cédula de rehabilitación de calidade

CÉDULA DE REHABILITACIÓN

A cédula de rehabilitación de calidade

A cédula de rehabilitación de calidade é un documento que acredita que a vivenda rehabilitada une os últimos avances da habitabilidade en materia de illamento, funcionalidade, seguranza, eficiencia enerxética ou domótica co seu carácter patrimonial.

A cédula de rehabilitación debe convertirse nun motor de desenvolvemento social, económico e ambiental, e tamén patrimonial e territorial.

Forma parte do compromiso do Instituto Galego de Vivenda e Solo que calquera traballo de rehabilitación se faga con criterios de rigor e respecto, combinando modernización e sustentabilidade con posta en valoración do patrimonio herdado, facendo así da rehabilitación un proxecto de desenvolvemento social e ambiental; combinando a recuperación dos materiais co uso de novas tecnoloxías que preserven e melloren a arquitectura cun alto contido técnico.

Tamén é vontade do IGVS mudar para ben as condicións de vida das persoas que residen nestes espazos e nesta arquitectura, recuperando a convivencia e o dinamismo económico destes lugares, ás veces degradados ou en estado de abandono.

É tamén obxectivo do IGVS rexuvenecer a súa poboación con políticas de fomento destas vivendas en réxime de aluguer; recuperar patrimonio construído de calidade sen uso e favorecer a convivencia social en espazos públicos rehabilitados e recuperados para usos novos merece a asignación de diñeiro público mediante a concesión de axudas e subvencións.

Esta posta en valor do patrimonio, da arquitectura, e de moitos ámbitos declarados xa patrimonio da humanidade é para o Instituto Galego de Vivenda e Solo un proxecto de desenvolvemento social, económico e ambiental, e, así mesmo, patrimonial e territorial, e con esta finalidade créase a cédula de rehabilitación de calidade prevista no Decreto 157/2006, do 7 de setembro.

Así a cédula de rehabilitación de calidade é un documento que acredita que a vivenda rehabilitada une os últimos avances da habitabilidade en materia de illamento, funcionalidade, seguranza, eficiencia enerxética ou domótica co seu carácter patrimonial co que se acada unha mellora global das súas condicións de habitabilidade residencial.

Acadar a cédula significa que as vivendas poderán ser beneficiarias das subvencións, premios e beneficios fiscais que as distintas administracións competentes na materia convoquen ou publiquen con destino a elas.

Características das vivendas

As vivendas que poden optar á cédula de rehabiitación deben de cumprir coas seguintes características:

  • No ámbito rural as vivendas deberán ser unifamiliares, con 15 anos ou máis de antigüidade para as que se promovan actuacións de rehabilitación, e 20 anos ou máis de antigüidade para as que se promovan actuacións de renovación.
     
  • En conxuntos ou núcleos históricos as vivendas e os locais situados no andar baixo e primeiro, deberán pertencer a edificios situados en conxuntos histórico-artístico ou similar, con plan especial de protección e reforma interior oficialmente aprobado ou en entidades polas que discorre o Camiño Francés de Santiago ou que figuren nun catálogo de protección  e que teñan polo menos o 50 % da súa superficie útil  destinado ao uso de vivenda.

Dende a entrada en vigor da Orde do 18 de agosto de 2009, pola que se modifica a orde do 13 de decembro, pola que se regula a cédula de rehabilitación de calidade e se determina a finalización do prazo de presentación de solicitudes, non se poden presentar novas solicitudes.

Actualmente está en tramitación unha nova normativa en materia de rehabilitación que substituirá á devandita cédula.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.