Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS SORTEOU 256 VIVENDAS PROTEXIDAS, DE PROMOCIÓN PRIVADA, CONSTRUÍDAS NA PROVINCIA DA CORUÑA

Santiago, 22 de setembro de 2009 .- O Instituto Galego da Vivenda e Solo sorteou esta mañá un total de 256 vivendas protexidas de promoción privada, construídas en diversas localidades da provincia da Coruña, entre os demandantes inscritos no Rexistro de Vivendas de Galicia.

As vivendas sorteadas atópansenos concellos de Santiago de Compostela (4 vivendas), Narón (80), Noia (5), Arteixo (3), A Coruña (73), Cee (3), Ribeira (15), Carballo (4), Laracha (7), Boiro (1), Betanzos (19), As Pontes (1), Ponteceso (5), Mugardos (9), Melide (10) e Cerceda (17).

O resultado do sorteo publicarase na páxina web do IGVS (www.igvs.xunta.es) e no taboleiro da xefatura provincial da Coruña. Tamén será comunicado por carta a cada un dos adxudicatarios para que presenten a documentación necesaria para acreditar os requisitos establecidos pola normativa.

Ao tratarse dun sorteo seguindo as condicións establecidas no vixente Rexistro de Demandantes, nalgúns casos o número de demandantes para cada vivenda que entran a sorteo é desproporcionado. É o caso de Santiago de Compostela, onde para o sorteo de dúas vivendas hai 1.596 candidatos e para outra vivenda 2.304 candidatos. A situación repítese na cidade da Coruña, onde un sorteo de 64 vivendas conta con 2.329 candidatos ou en Arteixo (3 vivendas, 492 candidatos). Isto sucede porque co actual Rexistro de Demandantes non se comproba que os solicitantes cumpre os requisitos, e está interesado na promoción, antes de proceder ao sorteo, o que se traduce en máis dun 80 por cento de candidatos que renuncia á vivenda, non presentan a documentación requerida ou non cumpren os requisitos establecidos.

A modificación do Rexistro de Demandantes prevé que a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos se presente coa solicitude de inscrición no Rexistro, polo que so se inscribirá no rexistro quen cumpre os requisitos establecidos. Ademais no sorteo dunha promoción de vivendas non entrarán tódolos inscritos no Rexistro nunha determinada localidade, senón so aqueles que manifestasen o seu interese na adxudicación das vivendas a sortear en cada caso. Evitarase desta maneira que entren no sorteo dunha vivenda os inscritos no Rexistro que non están interesados nela, como sucede na actualidade, o que prolonga innecesariamente o proceso de adxudicación a causa das múltiples renuncias e sucesivos sorteos que é preciso realizar en cada promoción.