Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

Xestur Coruña se atopa executando mais de 4 millóns de metros cadrados de solo empresarial na provincia da Coruña, cun investimento de 260 millóns de euros

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE ANUNCIA QUE AS PARCELAS DO PARQUE EMPRESARIAL DA SIONLLA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA POÑERANSE Á VENDA A COMEZOS DO VINDEIRO ANO

Agustín Hernández visitou hoxe as obras de urbanización, que se iniciaron o pasado mes de setembro e rematarán a comezos de 2011

- O investimento previsto supera os 83 millóns de euros, dos que mais da metade destináronse á adquisición dos terreos

- As obras de urbanización do parque empresarial da Sionlla iniciáronse no pasado mes de setembro e prevese que a súa finalización teña lugar a comezos de 2011, xa que o prazo de execución das mesmas é de 19 meses

- Ofrecerá un total de 138 parcelas, que permitirán a creación dunha superficie neta de 778.318 metros cadrados de superficie industrial

- Na súa totalidade, o parque ocupará unha superficie de 1.383.000 metros cadrados

Santiago, 7 de outubro de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou hoxe que no primeiro trimestre de 2010 poñeranse á venda, por medio dun concurso público, as parcelas do parque empresarial da Sionlla, que está a desenvolver a empresa pública Xestur Coruña na cidade de Santiago de Compostela. Hernández fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ás obras do parque empresarial, que ocupan unha superficie de máis de 1,3 millóns de metros cadrados e suporán un investimento total de máis de 83 millóns de euros

Urbanización

As obras de urbanización do parque empresarial da Sionlla iniciáronse no pasado mes de setembro e prevese que a súa finalización teña lugar a comezos de 2011, xa que o prazo de execución das mesmas é de 19 meses. Previamente, Xestur rematou o procedemento de expropiación dos terreos necesarios, co levantamento de actas de pago e ocupación, traballo que se realizou entre o 27 de maio e o 5 de xuño pasados. 

As obras de urbanización foron licitadas en maio de 2008 pola anterior Consellería de Vivenda e adxudicadas en outubro de 2008 á empresa San José. As obras non se iniciaron ata o mes de setembro como consecuencia da non dispoñibilidade dos terreos.

Investimento

O investimento total é de 83.370.061 euros dos que 42.350.663 adícanse a terreos, mentres que na urbanización invístense 27.444.038 euros. O resto de investimento divídese entre  honorarios técnicos, notarías e rexistros, gastos financeiros, tributos e gastos xerais.

138 parcelas

Así, o parque empresarial da Sionlla ofrecerá un total de 138 parcelas, que permitirán a creación dunha superficie neta de 778.318 metros cadrados de superficie industrial. Na súa totalidade, o parque ocupará unha superficie de 1.383.000 metros cadrados, aos que hai que sumar outros 70.000 dedicados ás conexións exteriores do mesmo.

 

 

Resumo das distintas superficies do parque

 

 

Parcelas de uso industrial

 

Equipamentos

 

Terminal de transportes por ferrocarril:

 

Zonas verdes:

 

Servizos técnicos:

 

Viarios e aparcamentos

 

778.318 m²

 

51.000 m²

 

72.700 m²

 

215.000 m²

 

21.000 m²

 

244.982 m²

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actuacións industriais na provincia

Nestes momentos, a empresa pública Xestur Coruña ten na provincia da Coruña un total de 365.099 metros cadrados de solo industrial para a venda, e se atopa executando mais de 4 millóns de metros cadrados, dos que 2,5 millóns son de superficie industrial neta. Os investimentos que se están a realizar ascenden a mais de 260 millóns de euros. A Xunta ten planificados outros 5 millóns de metros cadrados de solo empresarial a desenvolver nos vindeiros anos

Plan Move

Agustín Hernández tamén se referiu ao Plan Move da Xunta de Galicia, que contempla un investimento de 838 millóns de euros en vías de altas prestacións na provincia da Coruña, dos que 107 millóns de euros corresponderán á área metropolitana de Santiago.

 

Descrición actuación

Investimento

KM

Conexión N-550.

(As Galanas) – Variante AC-841

29.925.000

5,7

Cinto Oeste.

Treito II Pardiñas – Roxos

9.450.000

1,8

Cinto Oeste.

Treito III Roxos – Brins

26.640.000

7,2

Cinturón Oeste.

Treito IV Brins – N-550 (P.I.Tambre)

29.440.000

6,4

Duplicación da calzada da AC-522 (As Galanas – Pardiñas)

12.210.000

3,3

TOTAL

107’7 M€

24,4

 

Documentos relacionados

Documentos relacionados