Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

SAEN Á VENDA AS 39 PARCELAS DA SEGUNDA FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE BARREIROS (LUGO)

- As ofertas poderán presentarse ata o 9 de novembro.

- As 39 parcelas á venda supoñen unha superficie de uso industrial de 36.657 metros cadrados

Santiago, 8 de outubro de 2009.- As empresa interesadas en adquirir parcelas no parque empresarial de Barreiros (Lugo) poderán presentar ata o próximo 6 de novembro as súas ofertas para participar no concurso público de venda convocado por Xestur Lugo.

Con este concurso público póñense á venda 39 parcelas, correspondentes á segunda fase do parque, cunha superficie total de 36.575 metros cadrados. As 32 parcelas da primeira fase do parque empresarial de Barreiros están vendidas na súa totalidade.

A superficie das parcelas á venda nesta segunda fase oscila entre 560 e 3.710 metros cadrados, e os prezos de venda entre 48 e 55 euros por metro cadrado, IVE incluído.

A segunda fase desta parque empresarial conta cunha superficie total de 56.864 metros cadrados, dos que 36.575 son de uso industrial, 7.567 corresponden a zonas verdes e espazos libres e 2.663 metros cadrados a equipamento. A superficie restantes corresponden a aparcamentos e viais. O investimento total realizado foi de 1.652.239,05 euros.

O prego de condicións e demais documentación relativa ao concurso público de venda están a disposición dos interesados nas oficinas de Xestur Lugo e na súa páxina web (www.xesturlugo.com).

A primeira fase do parque empresarial, vendida na súa totalidade, ocupa unha superficie total de 75.083 metros cadrados, dos que 40.657 metros cadrados son de uso industrial, repartidos en 42 parcelas.