Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA CUALIFICADORA DE VIVENDA DE LUGO PUBLICA MAÑÁ A LISTA DE ADXUDICATARIOS DE 32 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NOS CONCELLOS DE LUGO E MEIRA

-      En Lugo publicase a lista de adxudicatarios de 9 vivendas rehabilitadas na Tinería

-      A lista de adxudicatarios de Meira inclúe 23 vivendas de promoción pública construídas polo IGVS nesta vila.

-      Haberá un prazo de quince días para a presentación de recursos.

Santiago, 9 de novembro de 2009.- A Xunta Cualificadora de Vivenda da provincia de Lugo publica mañá martes, 10 de novembro, a lista de adxudicatarios dun total de 32 vivendas de promoción pública nos concellos de Lugo e Meira. 

Concretamente, no concello de Lugo a lista inclúe os adxudicatarios de 9 vivendas de promoción pública rehabilitadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no caso histórico da cidade, quedando unha vacante. A lista de adxudicatarios pódese consultar na web do IGVS (www.igvs.xunta.es) e no taboleiro de anuncios da área provincial do IGVS en Lugo. Os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de quince  días para presentar recurso ante a Xunta Cualificadora de Vivenda. 

24 vivendas en Meira

Polo que respecta a Meira, a lista inclúe os adxudicatarios de 23 das 24 vivendas de promoción pública construídas no concello, quedando unha vacante. A lista está exposta na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios do concello de Meira e da área provincial do IGVS en Lugo. Os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de quince  días para presentar recurso ante a Xunta Cualificadora de Vivenda. 

Catorce das vivendas foron adxudicadas en réxime de compravenda e as nove restantes en réxime de alugueiro, tal como establece a normativa para as familias con ingresos inferiores a 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem). 

As 24 vivendas construídas en Meira ao abeiro do expediente LU-2004/702, iniciado en 2004, contan con superficies entre 80 e 82 metros cadrados útiles, aos que hai que sumar unha praza de garaxe e trasteiro. 

O IGVS investiu un total de 10.751.990 euros na construción das 24 vivendas, ao que hai que sumar outros 141.800 euros en obras de urbanización do entorno.