Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A REHABILITACIÓN DO HOTEL COMERCIO, EN MONFORTE DE LEMOS, REMATARÁ NOS PRIMEIROS MESES DE 2010, CONVERTÉNDOSE EN OITO VIVENDAS E UN LOCAL COMERCIAL

-    Actualmente estase a rematar a tabiquería interior e as instalacións.

-     No edificio haberá oito vivendas e un local comercial

Santiago, 21 de novembro de 2009.- Nos primeiros meses do próximo ano quedará rematada a obra de rehabilitación do antigo Hotel Comercio, en Monforte de Lemos, que está sendo adaptado pola empresa pública Xestur Lugo para vivendas protexidas.

No edificio, emprazado na praza Doutor Goyanes esquina co número 1 de Armando Cotarelo, obteranse un total de oito vivendas, das que tres contarán cun dormitorio, catro vivendas serán de dous dormitorios e unha de tres dormitorios. Ademais haberá un local comercial de aproximadamente 121 metros cadrados.

Na actualidade estase a rematar a tabiquería interior e as instalacións, quedando pendente para o total remate das obras a colocación do pavimento de tarima de madeira, falsos teitos, colocación da carpintería interior e restauración das carpinterías existentes e remate de acabados interiores.

Na adquisición do edificio investíronse 246.414,96 euros, aos que hai que sumar outros 1.306.960,98 euros destinados á rehabilitación, proxecto e licencias, polo que o investimento total acada a cifra de 1.553.375,94 euros.