Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A LISTA DEFINITIVA DE ADXUDICATARIOS DE 54 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CONSTRUÍDAS EN SALGUEIRIÑOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA), APROBADA POLA COMISIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA

-      Estará exposta a partir do 22 de decembro na web do IGVS e nos taboleiros do Concello e da xefatura provincial do IGVS na Coruña

-      Haberá un prazo dun mes para a presentación de recursos.

-      Prevese que en febreiro se publique a lista definitiva firme de adxudicatarios.

Santiago, 21 de decembro de 2009.- A lista definitiva de adxudicatarios e de espera das 54 vivendas de promoción pública construídas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) permanecerá exposta a partir de mañá, 22 de decembro, na web do IGVS (www.igvs.es) e nos taboleiros do Concello de Santiago e da xefatura provincia do IGVS na Coruña.

Os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán do prazo dun mes a partir da publicación da lista definitiva, para a presentación de recurso perante a Comisión Provincial de Vivenda. Unha vez rematado o prazo de presentación de recursos e resoltos os mesmos, prevese que no mes de febreiro de 2010 se faga pública a lista firme de adxudicatarios.

As 54 vivendas de promoción pública construídas en Salgueiriños emprázanse nunha parcela urbanizada polo propio IGVS e corresponden a un expediente iniciado en 2003. A obra de construción foi adxudicada por un importe de 3.220.510,99 euros.

A meirande parte das vivendas construídas contan con tres dormitorios e unha superficie útil de 80 metros cadrados. Son 31 as vivendas que responden a esta configuración, mentres que outras 13 dispoñen de dous dormitorios e 65 metros cadrados de superficie útil e as 10 restantes teñen catro dormitorios e 90 metros cadrados de superficie útil.

Tódalas vivendas contan con cociña, tendedeira, estar-comedor, baños, unha praza de garaxe e un trasteiro.

Longo proceso

O proceso ata a publicación desta lista de adxudicatarios prolongouse no tempo a causa, fundamentalmente, do retraso do Concello na entrega da lista provisional, que chegou ao IGVS con máis de dous anos de retraso.

A cronoloxía na elaboración da lista é a seguinte:

1-09-2006 Iniciase o prazo de presentación de solicitudes no Concello de Santiago

30-09-2006 Remata o prazo de presentación de solicitudes. O Concello dispón de tres meses para a elaboración da lista provisional (artigo 38 do decreto 257/2004)

30-12-2006 Remata o prazo para a elaboración da lista provisional por parte do Concello

1-07-2008 O IGVS reclama ao Concello o envío da lista e a documentación, indicando que despois de ano e medio non hai novas sobre a mesma.

9-12-2008 O Pleno do Concello de Santiago aproba a lista provisional de adxudicatarios.

7-01-2009 O Concello de Santiago publica na prensa local anuncio da lista provisional, dando un mes para a presentación de reclamacións.

10-03-2009 A lista provisional e a documentación chega á xefatura provincial do IGVS na Coruña con dous anos e tres meses de retraso e cun inminenbte cambio de Goberno na Xunta de Galicia.

22-12-2009 Publícase a lista definitiva