Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS INICIARÁ EN 2010 A CONSTRUCIÓN DE 132 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN VALDECORVOS (PONTEVEDRA), NAS QUE INVESTIRÁ PRETO DE 12 MILLÓNS DE EUROS

-     A redacción do proxecto de execución e a construción das vivendas foi adxudicada á empresa Winterra, S.A por importe de 11.739.043,86 de euros .

-     As vivendas construiranse nunha parcela urbanizada por Xestur Pontevedra no polígono de Valdecorvos.

-     O anteproxectos prevé vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios, así como seis vivendas adaptadas para o uso por persoas con dificultades de mobilidade.

Santiago, 29 de decembro de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciará en 2010 a construción de 132 vivendas de promoción pública no polígono de Valdecorvos, unha vez que xa foi adxudicado o contrato para a redacción do proxecto de edificación e a construción das vivendas.

A obra foi adxudicada á empresa Winterra, S.A. por importe de 11.739.043,86 euros máis IVE e un prazo de execución de 30 meses. O primeiro traballo que deberá realizar a adxudicataria é a redacción do proxecto. As obras de construción iniciaranse unha vez que o proxecto que se redacte reciba a aprobación técnica do IGVS.

O proxecto desenvolverase sobre unha parcela urbanizada por Xestur no polígono de Valdecorvos, cunha superficie de 4.381 metros cadrados. A planta baixa do edificio de vivendas ocupará 1.058,85 metros cadrados seguindo o perímetro da parcela, quedando no interior da mesma unha zona axardinada. A superficie construída residencial acadará os 15.576 segundo establece o anteproxecto.

Construiranse seis vivendas de tres dormitorios, adaptadas para o uso por persoas con dificultades de mobilidade, cunha superficie aproximada de 94 metros cadrados útiles. Haberá outras 36 vivendas de tres dormitorios e aproximadamente 89 metros cadrados útiles, 66 vivendas de dous dormitorios (aproximadamente 68 metros cadrados útiles) e 24 vivendas de un dormitorio e aproximadamente 54 metros cadrados útiles.

 
Número de vivendas
Número de dormitorios
Superficie útil aproximada m 2
6
3 (adaptadas minusválidos)
94
36
3
89
66
2
68
24
1
54
 

A oferta presentada pola empresa adxudicataria inclúe cuberta de chapa con illamento de seis centímetros máis impermeabilización, fachada illante, divisións interiores con illamento de la de roca, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica, persianas con illamento térmico e sistema de calefacción con aproveitamento de enerxías renovables.