Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS ENTREGARÁ MAÑÁ TRES VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN QUIROGA

-     Corresponden a un grupo de 24 nas que o IGVS investiu preto de 1,6 millóns de euros

-     Outras 21 vivendas foron entregadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio no pasado mes de outubro

-     Tamén queda pendente de adxudicación unha vivenda, unha vez que se esgotou a lista de espera

Santiago, 26 de xaneiro de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregará mañá, 27 de xaneiro, dúas vivendas de promoción pública no concello de Quiroga, nun acto ao que asistirá o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na provincia. Trátase de dúas vivendas que quedaron vacantes nunha entrega anterior. Estes inmobles constan de 3 dormitorios e 82 metros cadrados de superficie útil, que contan ademais con estar-comedor, cociña, baños, praza de garaxe e trasteiro.

Ambas vivendas foron adxudicadas en réxime de compravenda, dado que o prezo de venda das mesmas varía en función da composición da familia e os seus ingresos ponderados, os adxudicatarios pagarán polas mesmas 48.918 e 55.919 euros, respectivamente.

21 entregadas en outubro

Outras 21 vivendas deste grupo foron entregadas no pasado mes de outubro polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Nese momento, entregáranse 11 vivendas en réxime de compravenda e 10 restantes en alugueiro, xa que a normativa vixente obriga á adxudicación en réxime de alugueiro a tódalas familias con ingresos que non superen 1,5 veces o Iprem.

A renda mensual que pagarán os adxudicatarios en réxime de alugueiro oscila entre 115,31 e 126,56 euros, mentres que as cotas hipotecarias que satisfarán os adxudicatarios en compravenda van dos 176,23 aos 279,01 euros mensuais.

As 24 vivendas construídas en Quiroga dispoñen de entre 2 e 4 dormitorios, ademais de salón.comedor, cociña e un ou dous baños, segundo o tamaño da vivenda. Todas dispoñen tamén dunha praza de garaxe e un rocho.

Entre as calidades das vivendas entregadas hoxe cabe salientar que os solos son de tarima flotante e de plaqueta de gres, segundo o uso de cada espazo. A carpintería exterior é de aluminio lacado en cor e a interior de madeira vernizada.

Na promoción construída en Quiroga a meirande parte das vivendas son de tres dormitorios, segundo se indica no seguinte cadro:

 
Nº VIVENDAS
Nº DORMITORIOS
SUPERFICIE UTIL
2
2
64,90 m 2
15
3
81,90 m 2
7
4
89,90 m 2
 

Tódalas vivendas contan con auga quente sanitaria e calefacción individual por gas.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo realizou un investimento total de 1.598.508 euros na construción das 24 vivendas, o que supón un investimento medio por vivenda de 66.604,5 euros.