Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS CONSTRUIRÁ VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN AS NEVES UNHA VEZ QUE O CONCELLO CEDA TERREOS PARA ESTE FIN

Santiago, 28 de xaneiro de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo comezará a construción de vivendas de promoción pública en As Neves (Pontevedra), cando o concello de As Neves ceda o solo necesario para a súa promoción.

Con este fin o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné, visitou o concello pontevedrés, onde mantivo unha entrevista co alcalde das Neves, Raúl Emilio Castro, dirixida a coñecer a situación urbanística do concello e as posibilidades de cesión de terreos municipais para a construción de vivenda de promoción pública.

En dita reunión acordouse que o concello cederá ao IGVS terreos que reúnan os requisitos necesarios para a construción de vivendas de promoción pública, que serán edificadas polo IGVS.

A construción de vivendas de promoción pública, dirixidas a familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o Iprem (Indicador público de renda de efectos múltiples) é un dos principais obxectivos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, obxectivo que se facilita coa cesión de terreos por parte dos concellos.

Cómpre sinalar que na anterior lexislatura a Consellería de Vivenda abandonou na práctica a promoción pública de vivendas, limitándose a continuar cos proxectos herdados do anterior goberno, e tampouco promoveu as cesións de solo por parte dos concellos, precisas para esta liña de traballo.