Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

INICIASE A REHABILITACIÓN DUN PATIO DE MAZÁ NAS RÚAS MIÑO E RUA NOVA E UN BAIXO DESTINADO A USOS ADMINISTRATIVOS E CULTURAIS, AMBOS NO BARRIO LUCENSE DA TINERÍA

-     En total investiranse 117.596,9 euros nestas obras, que estarán rematadas nun prazo de seis semanas

-     A rehabilitación do patio existente nas rúas Miño e Ruanova permitirán dar a coñecer as fachadas traseiras

-     O baixo do número 14 da rúa Miño acondicionarase para usos administrativos e culturais, integrando os restos arqueolóxicos aparecidos durante a rehabilitación do edificio

Santiago, 3 de xaneiro de 2010.- As obras de acondicionamento do patio das traseiras de edificios rehabilitados polo IGVS nas rúas Miño e Rúa Nova comezarán en breve, unha vez que esta semana se asinou a acta de inicio das mesmas xunto co acondicionamento dun local que se poderá destinar a usos administrativos ou culturais.

Nas traseiras de Miño e Rúa Nova recuperarase un patio de máis de 424 metros cadrados, que permitirá dar a coñecer as fachadas traseiras dos edificios colindantes. Con esta obra, adxudicada por 73.124,52 euros, recuperarase o espazo existente no interior da mazá e os elementos construtivos existentes no mesmo e realizaranse traballos de axardinamento.

Por outra banda acondicionarase o baixo do edificio emprazado no número 14 da rúa Miño, cunha superficie de 81 metros cadrados. A intervención supón a creación dun uso cultural ou administrativo que aportará interese á posta en valor que se está a facer do barrio de A Tinería. A intervención inclúe a recuperación e integración no local a acondicionar de restos arqueolóxicos exhumados durante as obras de rehabilitación do edificio.

A obra supón un investimento de 44.472,38. O edificio no que se atopa este baixo é propiedade do IGVS e está destinado a vivenda en réxime de alugueiro.

As dúas obras foron adxudicadas á empresa Técnicos Unidos para a Construción (TUCONSA), cun prazo de execución de seis semanas.

Na actualidade o IGVS xa están rehabilitados 22 inmobles da Tinería, nos que se emprazan 47 vivendas, 10 locais e dúas oficinas. Outros 12 inmobles están actualmente en rehabilitación e 3 pendentes de licenza, o que suporá a incorporación doutras 35 vivendas e seis locais comerciais.