Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

ADXUDICADA PRETO DA METADE DA SUPERFICIE INDUSTRIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO, PROMOVIDO POR SEA, S.L.

-         O Consello de Administración, que preside Agustín Hernández, adxudicou 23 parcelas, con máis de 92.000 metros cadrados.
-         A superficie industrial do parque acada os 200.000 metros cadrados
-         Prevese o desenvolvemento dun proxecto de gran impacto económico na zona
 
Santiago, 1 de marzo de 2010.- O Consello de Administración de Solo Empresarial del Atlántico (SEA, S.L), empresa participada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e que preside Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou un total de 23 parcelas do parque empresarial de Rianxo.
 
En total adxudicáronse máis de 92.000 metros cadrados, que supoñen case a metade da superficie de uso industrial e comercial do parque empresarial, que acada os 200.000 metros cadrados.
 
A meirande parte das parcelas foron adxudicadas a unha única empresa, que prevé desenvolver un proxecto a medio prazo de gran impacto na zona, especialmente na xeneración de emprego e reactivación económica.
 
O importe de venda das parcelas adxudicadas supera os 7,5 millóns de euros.