Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo do Consello

A SUPERFICIE DE SOLO EMPRESARIAL DEPENDENTE DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA MULTIPLICARASE POR CINCO ATA 2015 SEGUNDO O PLAN DE SOLO DA XUNTA DE GALICIA

§         O Plan de Solo Empresarial prevé a creación de 36 parques empresariais, con máis de 18 millóns de metros cadrados, no período 2009-2012
§         Entre 2012 e 2015 crearanse 72 parques emrpesariais, con máis de 36 millóns de metros cadrados.
§         Pasarase de menos de 14 millóns de metros cadrados existentes en 2009 a máis de 68 millóns de metros cadrados de superficie industrial en 2015
 
Santiago, 8 de marzo de 2010.- A superficie de solo empresarial desenvolvida pola Xunta de Galicia a través do IGVS e as empresas públicas multiplicarase por cinco nos próximos anos, segundo prevé o Plan de Solo Empresarial cuxa elaboración aprobou o Consello da Xunta de Galicia o pasado 18 de febreiro por un acordo que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).
 
O proxecto para a redacción dun novo Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia xa fora presentado no Parlamento de Galicia polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no pasado mes de decembro de 2009.
Entón o conselleiro destacou que o novo Plan de Solo Empresarial recollerá as actuacións do anterior, elaborado en 2004, e novas actuacións co obxectivo de contar en 2012 cunha superficie total de solo empresarial de máis de 32,1 millóns de metros cadrados e incrementala ata os 68,8 millóns de metros cadrados en 2015.
 
Coa posta en marcha desta planificación acadaranse os seguintes obxectivos:
 
 
ANO 2009
(xa existentes)
A EXECUTAR 2009/2012
TOTAL 2012
A EXECUTAR 2012/2015
TOTAL 2015
Nº PARQUES
92
36
128
72
200
SUPERFICIE m 2
13.755.789
18.344.645
32.100.434
36.198.890
68.299.324
 
No ano 2012 a superficie empresarial dispoñible incrementarase nun 133%, pasando dos 13,7 millóns de metros cadrados actuais aos 32,1 millóns dentro de catro anos.
 
Ao mesmo tempo, e sempre coa premisa do axuste ás necesidades reais, prevese incrementar a superficie dispoñible noutros 36 millóns de metros cadrados para 2015 (un 114% máis respecto ás previsións do 2012 e máis dun 400% respecto da superficie dispoñible na actualidade), alcanzando os 68,8 millóns de metros cadrados no conxunto de Galicia.
 
Nº parques
Horizonte 2012: incremento do 39 % sobre 2009
Horizonte 2015: incremento do 113% sobre 2009
Superficie
Horizonte 2012: incremento do 133 % sobre 2009
Horizonte 2015: incremento do 401% sobre 2009
 
O investimento previsto para o desenvolvemento destes parques no período 2009-2012 ascende a 373 millóns de euros. As empresas que se asenten sobre o mesmo poderían crear arredor de 61.000 empregos, cun investimento en construción de instalacións e equipamentos de máis de 2.300 millóns de euros.
 
Situación actual
Na actualidade os parques dependentes da Xunta de Galicia ocupan un total de 13.755.789 metros cadrados, dos que 8.148.295 son de uso industrial e comercial, estando dispoñibles para venda 1.309.625 metros cadrados, o que supón algo máis do 16 por cento do total. A venda e posta en servizo deste solo podería dar lugar á creación de entre 6.000 e 9.000 empregos.
 
Asemade están en construción outros 19 parques empresariais, con 13.127.609 metros cadrados de superficie total, nos que a superficie de uso industrial e comercial será de 7.394.606 metros cadrados. Os parques en construción actualmente supoñen incrementar nun 95 por cento a superficie de solo empresarial existente dependente da Xunta de Galicia.
 
Finalmente, existen 5.368.659 metros cadrados de superficie total en futuros parques con planeamento aprobado e 36.608.877 en parques en tramitación.