Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS ENTREGARÁ CINCO VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO CONCELLO LUCENSE DE A PASTORIZA

-     Trátase de cinco vivendas vacantes dunha entrega anterior
-     Dúas vivendas foron adxudicadas en réxime de alugueiro e as outras tres en compravenda
 
Santiago, 3 de maio de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregará o próximo mércores, 5 de maio, un total de cinco vivendas de promoción pública construídas no concello lucense de Pastoriza. Trátase de vivendas que quedaron vacantes nunha anterior entrega.
 
As vivendas entregaranse ao seus adxudicatarios o próximo mércores cinco de maio, nun acto que se desenvolverá no salón de plenos do concello de Pastoriza.
 
As vivendas que se van entregar corresponden a cinco vacantes existentes no grupo de 10 vivendas construídas en Bretoña, na rúa Domnino López García, en cuxa construción o IGVS investiu un total de 692.465,74 euros.
 
O réxime de adxudicación de 2 vivendas é o de aluguer e o de 3 vivendas é o de compravenda.
 
Catro das vivendas que se entregarán o mércores dispoñen de tres dormitorios e superficie útiles entre 80 e 83 metros cadrados, mentres que a quinta vivenda é de catro dormitorios, cunha superficie útil de 90 metros cadrados.
 
O prezo das vivendas adxudicadas en compra vai dende os 46.121,99 euros a máis barata ata 53.811,58 euros a máis cara. O alugueiro mensual está en 98,83 e 101,14 euros.