Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS LICITA A CONTRATACIÓN DUN ARQUITECTO E UN APARELLADOR PARA A DIRIXIR A OBRA DE CONSTRUCIÓN DE 132 VIVENDAS EN VALDECORVOS

-     A redacción do proxecto e a construción das vivendas adxudicouse no pasado mes de decembro por preto de 12 millóns de euros.
-     A empresa adxudicataria xa entregou o proxecto no IGVS
 
Santiago, 7 de maio de 2010.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os anuncios da licitación da dirección de execución de obra dunha agrupación de 132 vivendas de promoción pública que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) construirá en Valdecorvos (Pontevedra). Para a dirección desta obra contrataranse un arquitecto e un aparellador, licitándose ambas contratacións por importe de 171.480,57 euros en cada caso. Os interesados dispoñen de 13 días naturais para a presentación de ofertas.
 
O contrato para a redacción do proxecto de edificación e a construción das vivendas foi adxudicado no pasado mes de decembro á empresa Winterra, S.A. por importe de 11.739.043,86 euros máis IVE e un prazo de execución de 30 meses. O primeiro traballo da adxudicataria consistía na redacción do proxecto, que xa foi presentado no Instituto Galego da Vivenda e Solo. As obras de construción iniciaranse unha vez que o proxecto reciba a aprobación técnica do IGVS e se adxudique a dirección de obra.
 
O proxecto desenvolverase sobre unha parcela urbanizada por Xestur no polígono de Valdecorvos, cunha superficie de 4.381 metros cadrados. A planta baixa do edificio de vivendas ocupará 1.058,85 metros cadrados seguindo o perímetro da parcela, quedando no interior da mesma unha zona axardinada. A superficie construída residencial acadará os 15.576 segundo establece o anteproxecto.
 
Construiranse seis vivendas de tres dormitorios, adaptadas para o uso por persoas con dificultades de mobilidade, cunha superficie aproximada de 94 metros cadrados útiles. Haberá outras 36 vivendas de tres dormitorios e aproximadamente 89 metros cadrados útiles, 66 vivendas de dous dormitorios (aproximadamente 68 metros cadrados útiles) e 24 vivendas de un dormitorio e aproximadamente 54 metros cadrados útiles.
 
Número de vivendas
Número de dormitorios
Superficie útil aproximada m 2
6
3 (adaptadas minusválidos)
94
36
3
89
66
2
68
24
1
54
 
A oferta presentada pola empresa adxudicataria inclúe cuberta de chapa con illamento de seis centímetros máis impermeabilización, fachada illante, divisións interiores con illamento de la de roca, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica, persianas con illamento térmico e sistema de calefacción con aproveitamento de enerxías renovables.