Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS ESTUDA DESENVOLVER POR FASES O PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO BARBANZA PARA AXILIZAR A DISPOÑIBILIDADE DE SOLO EMPRESARIAL NA ZONA

-         O director xeral así llelo indicou aos alcaldes de Ribeira e Pobra do Caramiñal e aos presidentes das Asociacións de Empresarios de ambas localidades.
-         O parque empresarial ocupará unha superficie total de 892.931 metros cadrados.
-         O investimento total superará os 47 millóns de euros
 
Santiago, 17 de xuño de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo está estudando a posibilidade de desenvolver por fases o parque empresarial do Barbanza, nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, como maneira máis rápida de ofrecer solo empresarial nesa comarca.
 
O director xeral do IGVS, Antonio Boné, comunicou esa posibilidade nunha xuntanza celebrada hoxe na sede do organismo cos alcaldes de Ribeira, José Luís Torres Colomer, e A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras Rivas, e os presidentes das asociacións de empresarios de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, José Paz Cadaval e Manuel Tomé Area.
 
Demanda solo empresarial
Boné indicou que era consciente da demanda de solo empresarial existente na comarca, na que insistiron tanto os alcaldes coma os presidentes das asociación de empresarios, manifestando que o IGVS está interesado en poder ofrecer solo empresarial na zona á maior brevidade posible, e que iso pasa pola modificación do proxecto para poder realizar o parque por fase, en función da demanda real de solo existente.
 
O director xeral do IGVS indicou na reunión que o parque empresarial do Barbanza ocupará unha superficie total de 892.931 metros cadrados, que se emprazarán nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal practicamente ao 50 por cento. O investimento supera os 47 millóns de euros.
 
Na mesma reunión Antonio Boné indicou que se está avanzando na tramitación do proxecto sectorial, no que se incluirá a execución por fases, coa recepción da meirande parte dos informes sectoriais preceptivos, prevíndose unha intensificación dos traballos para conseguir a aprobación do proxecto sectorial no menor prazo posible.