Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

ACLARACIÓN DA XUNTA DE GALICIA SOBRE OS INVESTIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL A TRAVÉS DO PLAN DE VIVENDA

• Se os recursos financeiros comprometidos para Galicia polo Ministerio de Vivenda para o Plan de Vivenda 2009-2012 acadan os 463,4 millóns de euros (incluíndo a subsidiación), os recursos totais do Plan aproximaranse aos 600 millóns de euros, unha vez sumada a achega da Xunta de Galicia

Santiago, 19 de xuño de 2009.- Respecto da diferenza na contía do investimento estatal previsto en Galicia no Plan de Vivenda 2009-2012, estimado polo IGVS en 270 millóns de euros e polo Ministerio de Vivenda en 463,4 millóns de euros infórmase: A información facilitada ao remate do Consello da Xunta o 18 de xuño de 2009 indica claramente que a estimación realizada polo Institúo galego de Vivenda e Solo (IGVS) (270 millóns) non inclúe as cantidades destinadas á subsidiación dos préstamos por un período de 10 anos, xa que dita subsidiación é aboada directamente polo Ministerio ás entidades financeiras, polo que o IGVS non dispón de información ao respecto. O Ministerio de Vivenda nunca facilita á Xunta información sobre as contías económicas previstas para cada modalidade de axudas do Plan de Vivenda, limitándose a determinar o número de obxectivos por tipo de actuación. Desta maneira, os datos ofrecidos polo IGVS son unha estimación, calculada en función dos obxectivos previstos, aplicando en casa caso as contías económicas medias das actuacións análogas xa realizadas en planes anteriores, actualizando o seu importe. En calquera caso, se os recursos financeiros comprometidos para Galicia polo Ministerio de Vivenda para o Plan de Vivenda 2009-2012 acadan os 463,4 millóns de euros (incluíndo a subsidiación), os recursos totais do Plan aproximaranse aos 600 millóns de euros, unha vez sumada a achega da Xunta de Galicia.

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS