Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A Consellería de Medio Ambiente inviste 2 millóns de euros en mellorar a seguridade vial da estrada entre O Castiñeiriño e Os Tilos

A obra xustifícase polo intenso tráfico que presenta esta estrada e a súa elevada siniestralidade

A Consellería de Medio Ambiente inviste 2 millóns de euros en mellorar a seguridade vial da estrada entre O Castiñeiriño e Os Tilos

 

 

  • O tramo obxecto da actuación ten unha lonxitude de 1,4 quilómetros

 

  • A mellora consistirá esencialmente no ensanche da plataforma para crear carrís centrais de saída e incorporación, e carrís laterais de aceleración e deceleración, co obxecto de acondicionar as interseccións

 

  • Beneficiará a unha poboación aproximada de 112.000 habitantes de Santiago de Compostela e Os Tilos, que son os que habitualmente utilizan esta estrada.

 

  • As obras comezarán no primeiro trimestre de 2010 e estarán rematadas a finais dese ano.

 

 

 

Santiago, 7  de maio de 2009.-  O consello da Xunta aprobou a declaración de utilidade pública e dispuxo a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-841, no treito entre O Castiñeiriño e Os Tilos.

 

O tramo obxecto da actuación ten unha lonxitude de 1,4 quilómetros. A mellora consistirá esencialmente no ensanche da plataforma para crear carrís centrais de saída e incorporación, e carrís laterais de aceleración e deceleración, co obxecto de acondicionar as interseccións.

 

Por outra banda crearanse glorietas e acometerase a mellora da drenaxe lonxitudinal, así como das instalacións urbanas, especialmente o alumeado, a sinalización, balizamento e defensas.

 

A obra, na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Obras Públicas investirá 2 millóns de euros, beneficiará a unha poboación aproximada de 112.000 habitantes de Santiago de Compostela e Os Tilos, que son os que habitualmente utilizan esta estrada.

 

Documentos relacionados

Documentos relacionados