Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ordena a realización dunha auditoría ambiental a Sogama

Agustín Hernández considera necesario dispoñer dun documento técnico obxectivo que determine a situación ambiental real do complexo

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ordena a realización dunha auditoría ambiental a Sogama

 

·        Agustín Hernández considera necesario dispoñer dun documento técnico obxectivo que determine a situación ambiental real do complexo

 

Santiago, 29 de abril de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ordenou a realización dunha auditoría medioambiental a Sogama para coñecer a situación da planta. Esta decisión ten como obxectivo que a actual Consellería dispoña dunha diagnose real para a toma de decisións.

 

Por outra banda, e ante a gravidade das diferentes denuncias e procesos abertos en relación co complexo, o conselleiro considera necesario a elaboración dun documento técnico que permita coñecer o verdadeiro alcance desas posibles irregularidades e, no caso de que se comproben, tomar as medidas correctoras necesarias.

 

A auditoría encargarase a unha empresa externa, que desenvolverá o seu traballo en varias fases. Por unha banda identificaranse e avaliaranse os diversos aspectos ambientais plantexados para, seguidamente, abordar aspectos legais e administrativos. Tamén se estudará a adecuación á normativa vixente, tomando como referencia as normas ISO.

 

O obxectivo da Consellería é dispoñer do dictame da auditoría nun prazo de tres meses.

Documentos relacionados

Documentos relacionados