Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ABOARÁ EN MARZO UN MILLÓN DE EUROS A PROPIETARIOS DE FINCAS AFECTADAS POLO PROXECTO SECTORIAL DA PLISAN

§  O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a convocatoria aos propietarios de 552 fincas expropiadas e que se sumarán aos donos de 764 terreos que xa cobraron entre 2015 e 2016

§  Os beneficiarios terán que achegarse os días 7, 8, 14 e 15 de marzo ao Concello de Salvaterra de Miño

§  O solo da PLISAN estará a disposición das empresas este mesmo ano, cun prezo moi competitivo: 50 euros por metro cadrado para os 100.000 metros cadrados que primeiro se vendan

 

Santiago, 1 de febreiro de 2016 .- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dos propietarios das fincas afectadas polas expropiacións de solo para o desenvolvemento da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Así, o próximo mes de marzo a Consellería de Infraestruturas e Vivenda procederá ao pago de algo máis dun millón de euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/Oyz3un .

 

O DOG publica a relación de propietarios citados para a sinatura das actas de pagamento complementarias os días 7, 8, 14 e 15 de marzo de 2017 no concello de Salvaterra de Miño.

 

Estes pagos súmanse aos realizados nos anos 2015 e 2016, que afectaron a 764 fincas, cun importe total nos dous anos de preto de 915.000 euros que se suman ao 1.088.371,42 euros que se pagarán no próximo mes de marzo.

 

Con este abono, os promotores da PLISAN darán cumprimento ás sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referidas a 552 fincas expropiadas.

 

Actualmente, estanse executando as obras da primeira fase dos sistema xerais desta infraestrutura industrial, que se iniciaron en outubro de 2015 e se rematarán no primeiro semestre do presente ano.

 

O solo da PLISAN estará a disposición das empresas este mesmo ano, cun prezo moi competitivo: 50 euros por metro cadrado para os 100.000 metros cadrados que primeiro se vendan.