Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA TRES NOVAS PARCELAS DE SOLO EMPRESARIAL EN CARBALLO, CERVO E MELIDE

§  En total suman máis de 5.000 metros cadrados

 

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017 .- A Xunta de Galicia adxudicou tres novas parcelas de solo nos parques empresariais de Carballo, Cervo e Melide. O consello de administración de Xestur, propietaria de ditos parques, aprobou a venda dun total de 5.061 metros cadrados nas tres localidades das provincias de Lugo e Coruña.

 

No parque de Bértoa, en Carballo, Xestur adxudicou unha parcela de 1.930 metros cadrados por importe de 77.642 euros, despois de aplicar unha bonificación polo mesmo importe sobre o prezo da mesma.

 

En Cervo (parque empresarial Cuíña) a parcela adxudicada ten unha superfciie de 1.544 metros cadrados e un prezo de venda de 38.620 euros, aplicándose sobre o prezo da mesma unha bonificación do mesmo importe.

 

Por outra banda, en Melide adxudicouse unha parcela de 1.587 metros cadrados, cun prezo de venda de 66.654 euros despois de aplicar unha bonificación de 28.566 euros.

 

Dende que en 2015, a Xunta de Galicia estableceu a bonificación dos prezos do solo empresarial xa se adxudicaron máis de 808.000 metros cadrados