Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A COMISIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA APROBOU A LISTA DE ADXUDICATARIOS DE SETE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EMPRAZADAS NA CORUÑA

- Son vivendas recuperadas polo IGVS nos barrios de Eirís e Mesoiro
- A lista publicarase na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios da área provincial do IGVS e do concello da Coruña e da área


Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018
.- A Comisión Provincial de Vivenda da Coruña aprobou hoxe a lista definitiva de adxudicatarios de sete vivendas de promoción pública emprazadas no concello da Coruña. Trátase de vivendas recuperadas polo IGVS nos barrios de Eirís e Mesoiro e que se volven adxudicar a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda. Seis das vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro e unha en compravenda.

A lista de adxudicatarios das sete vivendas será exposta na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios da xefatura provincial do IGVS e do concello da Coruña. Tamén se publicará a lista de espera, composta por catorce solicitantes, á que se recorrerá no caso de renuncia dalgún dos adxudicatarios. Asemade, os adxudicatarios recibirán unha comunicación personalizada convocándoos para sorteo das vivendas entre os adxudicatarios das mesmas.