Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA SORTEA 23 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NOS CONCELLOS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, SANXENXO E VILA DE CRUCES

- O Goberno galego realizou o sorteo de catro vivendas en Vilagarcía de Arousa, tres das cales están emprazadas na promoción de aloxamentos protexidos destinados a menores de 35 anos e maiores de 65 anos

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.- A Xunta, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, efectuou hoxe os sorteos ante notario dun total de 23 vivendas de promoción pública emprazadas nos concellos de Vilagarcía, Sanxenxo e Vila de Cruces.

O Goberno galego realizou o sorteo de catro vivendas en Vilagarcía de Arousa, tres das cales están emprazadas na promoción de aloxamentos protexidos destinados a menores de 35 anos e maiores de 65 anos.

No caso de Sanxenxo, sorteouse unha vivenda, mentres en Vila de Cruces non foi necesario proceder ao sorteo, xa que existían máis vivendas dispoñibles, 18, que demandantes para as mesmas, 9.

Dos sorteos correspondentes ás vivendas de Vilagarcía e Sanxenxo, elaborarase unha lista de adxudicatarios provisionais e de reservas, de maneira que se algún dos adxudicatarios renuncia á vivenda, corre a lista e adxudícase á persoa situada no primeiro posto das reservas.

En Vila de Cruces elaborarase unha lista de adxudicatarios provisionais composta por todos os demandantes destes inmobles.