Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA INSTA AO CONCELLO DE SANTIAGO A IMPLICARSE NA BUSCA DUNHA SOLUCIÓN Á FAMILIA DESALOXADA HOXE POR RESOLUCIÓN XUDICIAL

- A Xunta leva anos mantendo múltiples xuntanzas e reunións cos servizos sociais do concello para buscar unha solución
- Ofreceuse a colaboración ao concello a través das diferentes axudas das que dispón o Instituto Galego de Vivenda e Solo e, incluso, a través da adecuación dun inmoble que se adecúase ás necesidades desta familia
- O informe dos Servicios Sociais municipais se limitan a propoñer que se desprace a familia a outro concello, “e que as condicións nas que mantén a vivenda a familia desaloxada supoñen un grave risco para todos os veciños”


Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018.- A Xunta de Galicia insta ao concello a implicarse, a través dos servicios sociais municipais, na busca dunha solución axeitada á familia desaloxada hoxe en Santiago por resolución xudicial.

A Xunta leva anos mantendo múltiples xuntanzas e reunións cos servizos sociais do Concello de Santiago, entre outros, para buscar unha solución para esta familia e atender a convivencia das outras seis familias que habitaban no mesmo inmoble, e por iso ten manifestado aos responsables dos servizos sociais do Concello de Santiago a súa total disposición a colaborar co concello no realoxo da familia afectada.

Deste xeito, a Xunta ofreceu a súa colaboración ao Concello de Santiago a través das diferentes axudas das que dispón o Instituto Galego de Vivenda e Solo e, incluso, a través da adecuación dun inmoble que se adecúase ás necesidades desta familia, facilitando o seu realoxo do xeito que os servizos sociais do concello considerasen que mellor se axusta ás características familiares e de convivencia.

Lembrar que o informe dos Servicios Sociais municipais se limitan a propoñer que se desprace a familia a outro concello, e sinalan que “nas condicións que se atopa esta vivenda é imposible que resida ningunha persoa, dado que supón un grave risco para a súa integridade física e, incluso, para os restantes moradores do inmoble”.

E por iso, que a Xunta volve a pedirlle ao concello que se implique nas medidas de adaptación sociais eficaces, e lembra que deben ser adoptadas polos servizos sociais municipais, perfectamente coñecedores da situación.

De feito, lembra, que o citado informe dos servicios sociais deixa claro o risco que supoñía para o resto de familias residente no inmoble e como en repetidas veces os veciños pediron a intervención na vivenda, e así o manifestaron ante o Pleno do Concello de Santiago de Compostela, no pasado mes de decembro de 2017.