Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA LICITA A OBRA DE URBANIZACIÓN INTERIOR DA PRIMEIRA FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE MORÁS, EN ARTEIXO

• O consello de administración de Xestur autoriza a contratación da actuación, na que se investirán preto de 3,9 millóns de euros
• Esta fase do parque contará con máis de 60 parcelas de uso industrial e comercial, con superficies que irán dos 1.000 aos 105.000 m2
• Actualmente están en execución as obras de explanación para plataforma K-3 e o Eixo 0, que está previsto que rematen este outono
• Recentemente rematou a obra de acondicionamento da estrada provincial que atravesa o parque empresarial e constitúe un dos seus viais, na que se investiron máis de 800.000 euros


Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018.- A Xunta de Galicia licitou hoxe a obra de urbanización interior da primeira fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo, unha vez que o Consello de Administración de Xestur autorizou a contratación da obra.

O orzamento de licitación ascende a preto de 3,9 millóns de euros e posibilita a intervención nunha superficie de 554.002 metros cadrados, que se traducirá en case 317.000 metros cadrados de superficie destinada a parcelas de uso industrial e comercial. Nesta fase contará con máis de 3.800 prazas de aparcamento.

Ademais, na urbanización interior da fase A do parque empresarial prevese a execución dos viais e de todas as redes de subministros necesarios, así como a súa conexión exterior e a realización da conexión do parque empresarial coas estradas AG-55 e a A-6.

Nesta primeira fase tamén se inclúe a parcela destinada ao emprazamento dos depósitos de auga que darán servizo á rede de abastecemento e na que se instalará a subestación eléctrica que servirá ao todo o parque empresarial. Asemade, inclúense os espazos destinados á execución dos estanques de regulación de augas pluviais.

Esta área do parque empresarial de Morás contará con máis de 60 parcelas de uso industrial e comercial, con superficies que irán dos 1.000 aos 105.000 metros cadrados.

Actualmente estase desenvolvendo a obra de explanación da plataforma K-3 e o Eixo 0 do parque empresarial, cun investimento de máis de 3,1 millóns de euros. Esta obra atópase en estado moi avanzado e rematarase este outono.

Recentemente rematou a obra de acondicionamento da estrada provincial que atravesa o parque empresarial e constitúe un dos seus viais, na que se investiron máis de 800.000 euros.

 

Liña A

 

Vivenda unifamiliar

Vivenda colectiva

Básica

12.000 €

8.000 €

Familia con persoa con discapacidade

18.000 €

12.000 €

24.000 €

16.000 €



 

 

 

Liña B

 

Actuacións de conservación

Actuacións de seguridade e accesibilidade

Básica

3.000 €

8.000 €

Familia con persoa con discapacidade

 

14.000 €

 

17.000 €