Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA MÁIS DE 6.000 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS POR IMPORTE DE PRETO DE 240.000 EUROS

• A empresa pública Xestur vén de adxudicar oito parcelas nos parques empresariais de Carballo, Santiago de Compostela, Ortigueira e Viveiro
• Dende o ano 2015 adxudicáronse máis de 1,3 millóns de metros cadrados con bonificación por importe de máis de 39 millóns de euros


Santiago, 2 de novembro de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicou máis de 6.000 metros cadrados de solo empresarial bonificado nos parques empresariais de Carballo, Ortigueira, Santiago de Compostela e Viveiro, a través da empresa pública Xestur Galicia, dependente da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O prezo de venda total do solo adxudicado supera os 314.000 euros, despois de aplicar ás bonificacións; polo que o importe da reducción do prezo ascende a case 240.000 euros.

O solo adxudicado por Xestur é o seguinte:

 

PARQUE

NÚMERO DE PARCELAS

SUPERFICIE
m2

PREZO DE VENDA €

BONIFICACI Ó N

Bértoa ( Carballo )

2

2.152,00

87.481,23

87.481,23

Sionlla (Santiago)

1

1.200,00

136.920,00

58.680,00

Ortigueira

1

1.362,00

40.860,00

40.860,00

Viveiro

1

1.318,53

49.444,88

49.444,88

TOTAL

5

6.032,53

314.706,11

236.466,11

 

Dende o ano 2015, a Xunta vén aplicando unha bonificación sobre o prezo do solo empresarial, incentivo que facilitou a adxudicación de máis de 1,3 millóns de metros cadrados, con bonificacións por importe de máis de 39 millóns de euros.