Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA LICITARÁ AS OBRAS DE ELECTRIFICACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE MORÁS, EN ARTEIXO

• Xestur destinará máis de 1,14 millóns de euros ás obras
• Paralelamente, tamén se adxudicou o control de calidade da obra de conexións exteriores do parque
• Compre recordar que a comezos deste mes se adxudicaron as obras de explanación de seis plataformas o seu control de calidade, por máis de 1.68 millóns de euros

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019.- A empresa pública Xestur Galicia licitará as obras de electrificación do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo; despois de que o Consello de Administración autorizara a contratación de ditas obras.

A licitación realizarase por un importe de 1.146.678,95 euros e o prazo de execución fixado no contrato de licitación é de tres meses.

Por outra parte, o Consello de Administración de Xestur tamén adxudicou o contrato para o control de calidade das conexións exteriores do parque empresarial. O contrato foi adxudicado á empresa CYE- Control y Estudios S.L. por importe de 14.157,80 euros.

Cómpre recordar que a comezos de marzo, Xestur tamén adxudicou as obras de explanación de seis plataformas no parque empresarial de Morás, así como o control de calidade de dita obra, por un importe total de máis de 1,68 millóns de euros.