Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ENTREGA AS CHAVES DUNHA VIVENDA NA CAÑIZA ADXUDICADA POLO IGVS EN ABRIL EN RÉXIME DE ALUGUEIRO

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de proceder á entrega das chaves dunha vivenda localizada no Concello de A Cañiza á persoa que resultara beneficiaria.

O pasado 27 de abril, a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra reunírase por videoconferencia para propoñer a adxudicación directa deste piso, que fora cedido ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola entidade financeira Abanca, con destino a alugueiro social.

Esta mañá, un dos axentes medioambientais que participa no programa de voluntariado en zonas rurais posto en marcha en resposta á crise provocada polo COVID-19 procedeu a entregarlle persoalmente ao adxudicatario as chaves do seu novo domicilio.