Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O DIRECTOR XERAL DO IGVS E O ALCALDE DE CORISTANCO REUNÍRONSE PARA AVANZAR NA PLANIFICACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DO MUNICIPIO

• Os próximos pasos serán confirmar a demanda por parte dos empresarios e as necesidades de conexións exteriores do polígono

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.- Unha vez aprobado por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o plan de viabilidade do parque empresarial de Coristanco presentado polo concello, o director xeral do IGVS, Heriberto García, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde da localidade, Juan Carlos García Pose, para avanzar na planificación do mesmo.

Coa aprobación do plan de viabilidade o parque empresarial queda plenamente incorporado ao plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia. O próximo paso a dar será a confirmación da demanda existente por parte de empresas interesadas en asentarse neste parque, o que permitirá dimensionar as fases do mesmo.

Por outra parte, traballarase tamén en determinar as necesidades de conexións exteriores do mesmo, especialmente no que se refire á posible demanda de auga e enerxía eléctrica do parque e ás necesidades de saneamento do mesmo.

O futuro parque empresarial de Coristanco emprazarase no enlace entre as estradas AC 552 e AG 55, na parroquia de Oca, e terá unha superficie total próxima aos 175.000 metros cadrados.