• A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións supervisou esta maña as
obra de construción destas vivendas unifamiliares, onde tamén se levarán a cabo traballos de
urbanización do ámbito
• A previsión que manexa o Instituto Galego da Vivenda e Solo é que as obras rematen no
primeiro trimestre de 2021, para despois proceder a súa adxudicación en réxime de compra ou
alugueiro
• Cenlle, xunto con Sober, é dos primeiros concellos nos que se leva a cabo este tipo de
iniciativas, que permite acortar tempos de construción e reducir a xeración de residuos
Cenlle (Ourense), 27 de agosto de 2020-. A conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que as vivendas modulares de
Cenlle representan o comezos dun novo barrio sostible e acolledor para seis novas familias. A
conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá as obras para a construción destes inmobles, así
como o ámbito no que se levará a cabo a urbanización da zona.
Ángeles Vázquez indicou que as seis vivendas de promoción pública que a Xunta constrúe en
Cenlle teñen un prazo de execución de 8 meses, xa que é unha fórmula construtiva que permite
acurtar os prazos e reducir a xeración de residuos. Así, a previsión é que as obras (nas que se
invisten máis dun millóns de euros) rematen no primeiro trimestre de 2021, para -a continuación-
iniciar o proceso de adxudicación entre os demandantes de vivenda, que poderán acceder á mesma en
réxime de compra ou de alugueiro; polo seis familias serán os primeiros beneficiarios deste
programa que se desenvolve por primeira vez en Cenll, xunto coas tres vivendas que se constrúen en
Sober.
No caso das vivendas co concello ourensán, teñen 116 metros cadrados (repartidos en dúas
plantas en todos casos), e dispoñen de tres dormitorios e baño (no andar superior); aseo, cociña,
salón-comedor e vestíbulo, na inferior. Ademais disporán de rocho (6,27 m2) e de garaxe cuberto (19
m2).
Segundo explicou a conselleira, as vivendas disporán dun sistema de calefacción por
aerotermia para promover a eficiencia e o aforro enerxético, polo que estamos ante un proxecto de
vivendas que teñen un marcado carácter sostible.
Asemade, tamén se está a urbanizar o ámbito, coa realización dunha mediana e unha plataforma
única de aparcamento e acceso rodado e peonil ás vivendas, e unha escaleira de acceso que dará
continuidade ao sendeiro peonil e manterase unha zona de piñeiros; mentres que nos espazos libres
da zona leste, proxéctase unha intervención con pavimentos brandos de terrizo que conectará coa
urbanización próxima, dando acceso á zona de xogos; polo que se define unha zona para a facilitar a
convivencia cos veciños.
Nese sentido, recordou que a urbanización próxima ás vivendas familiares tamén foi unha
actuación executada pola Xunta, polo que se habilitaron 8 vivendas de promoción pública; ás que se
suman a rehabilitación de dúas vivendas a cargo do Programa de axudas para a rehabilitación de
antigas vivendas de mestres.