Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA UNHA PARCELA NO PARQUE EMPRESARIAL DE boiro CUNHA BONIFICACIÓN DE PRETO DE 75.000 EUROS NO PREZO DE VENDA

• A parcela adxudicada ten unha superficie de 2.716 metros cadrados
• Dende 2015 a Xunta adxudicou solo empresarial con bonificacións do prezo de venda por máis de 64 millóns de euros

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021.-
A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Xestur, adxudicou unha nova parcela de solo bonificado no parque empresarial de Boiro, co que o Goberno galego mantén o esforzo para facilitar a implantación de empresas nos solos urbanizado para tal fin.

A parcela adxudicada no parque de Boiro ten unha superficie de 2.716 metros cadrados e foi adxudicada a unha empresa que se dedica á fabricación de bolsas e material de embalaxe, por un importe de máis de 181.000 euros, despois de aplicar unha bonificación de preto de 75.000 euros.

As bonificacións aplicadas na venda de solo empresarial da Xunta de Galicia dende 2015 superan os 64 millóns de euros, que supoñen un importante apoio público á creación de riqueza e emprego por parte das empresas asentadas en Galicia.