Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

PROPOSTA A ADXUDICACIÓN DUNHA VIVENDA E ASINADO O CONTRATO DE ALUGUEIRO DE OUTRA, AMBAS EN VIGO, A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA

§  Hoxe mesmo asinouse o contrato de alugueiro dunha vivenda cedida por Abanca e adxudicada a unha persoa en situación de emerxencia social.

§  A Comisión Provincial de Vivenda propuxo a adxudicación dunha vivenda cedida por Sareb a unha persoa de avanzada idade afectada por un desafiuzamento.

 

Santiago, 20 de marzo de 2016 .- A Comisión Provincial de Vivenda da de Pontevedra  aprobou na súa última reunión a proposta de adxudicación de unha vivenda cedida por Sareb en Vigo a unha muller de avanzada idade incursa nunha inminente execución hipotecaria, continuando coa aplicación das 12 medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Unha vez que a vivenda sexa adxudicada pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, asinarase o contrato de alugueiro e entregaranse as chaves á beneficiaria.

 

Por outra parte, hoxe mesmo asinouse o contrato de alugueiro doutra vivenda adxudicada directamente en Vigo a unha persoa en situación de emerxencia social. Neste caso trátase dunha vivenda recentemente cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro social.

 

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos preto de 1.200 casos en toda Galicia.