§
Trátase dunha vivenda cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro social
§
No que vai de ano, a Xunta realoxou a outras 14 familias en inmobles da súa
propiedade ou cedidas por Abanca e Sareb
§
Estas iniciativas están enmarcadas nas 12 medidas activadas polo
Goberno galego para loitar contra os desafiuzamentos, ao abeiro das que xa foron atendidos preto de
1.200 casos na comunidade
Santiago, 21 de
marzo de 2016
.-
A Xunta vén de asinar o contrato de alugueiro dunha vivenda adxudicada directamente en Verín a unha
persoa en situación de emerxencia social.
Trátase dunha vivenda cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro
social.
O Goberno galego, con este tipo de accións, continúa coa aplicación
das 12 medidas activadas para para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á
vivenda. Ao abeiro destas iniciativas, xa foron atendidos preto de 1.200 casos na comunidade
galega.
Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia ofrece unha
alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai
de 2017 xa se realoxou a outras 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por
Abanca e Sareb. Cómpre destacar tamén as familias beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e
outras medidas adoptadas pola administración autonómica.