Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA MÁIS DE 15.000 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL NOS PARQUES DE CARBALLO E SANTIAGO DE COMPOSTELA

E n Carballo adxudícanse catro parcelas con máis de 13.000 metros cadrado
- Na Sionlla adxudícase unha parcela de 1.200 metros cadrados e autorízase a unha empresa a cambiar a unha parcela máis grande da inicialmente adxudicada, aboando a diferenza

 

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017.- A Xunta de Galicia adxudicou un total de 15.303 metros cadrados de solo empresarial nos parques empresariais de Bértoa, en Carballo, e na Sionlla, en Santiago de Compostela, tal como acordou hoxe o consello de administración da empresa pública Xestur. As bonificacións aplicadas ao prezo de venda das parcelas supera aos 393.000 euros.

 

No parque empresarial de Bértoa adxudicáronse catro parcelas a tres empresas, cunha superficie total de 13.578 metros cadrados e bonificacións no prezo de venda por importe de máis de 318.000 euros.

 

Polo que respecta ao parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, adxudicouse unha parcela, cunha superficie de 1.200 metros cadrados e bonificación de máis de 55.000 euros.

 

Ademais, o consello de administración de Xestur autorizou a permuta dunha parcela no parque empresarial da Sionlla, co obxectivo de que unha empresa que adquiriu solo neste parque poida cambiar a parcela inicialmente adxudicada por outra máis grande e mellor adaptada ás súas necesidades. Isto permitirá á empresa interesada devolver a Xestur a parcela de 675 metros cadrados e mercar unha de 1.200 metros cadrados, aboando a diferenza de prezo, que ascende a 44.920 euros. Neste caso, a bonificación será de 22.430 euros.

 

As parcelas adxudicadas en compravenda polo consello de administración de Xestur son as seguintes: