Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS LICITARÁ PRÓXIMANENTE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE OITO INMOBLES DA SÚA PROPIEDADE NO CONXUNTO HISTÓRICO DE BETANZOS

- Prevese un investimento de 2,6 millóns de euros que se suma a 1,1 millóns que se estána investir en tres inmobles xa en rehabilitación
- Ademais o IGVS investirá este ano 500.000 euros na adquisición de inmobles para rehabilitar no conxunto histórico de Betanzos, para o que os propietarios poden presentar as súas ofertas antes do 22 de abril.


Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018.- A Xunta de Galicia licitará a rehabilitación de oito inmobles adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no conxunto histórico de Betanzos antes de que remate o primeiro trimestre do ano, tal como indicou hoxe o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, no Parlamento de Galicia.

García Porto anunciou a próxima licitación das obras de rehabilitación dos inmobles emprazados nos número 45, 47 e 49 da rúa da Cerca, 3, 4 e 6 da rúa Cortaduría, Rúa Nova 75 e rúa da rúa da Torre 17, cun investimento total de 2,6 millóns de euros e o obxectivo de acadar 13 vivendas e 1 local comercial.

Estes oito inmobles sumaranse aos tres que xa se atopan en rehabilitación emprazados nos números 9 3 13 da rúa da Cerca e no número 13 da rúa Clérigos, e nos que o IGVS está a investir preto de 1,1 millóns de euros.

Os once inmobles que están en rehabilitación ou cuxas obras de licitarán en breve foron adquiridos polo IGVS co investimento de máis de 560.000 euros. Un destes inmobles foi cedido gratuitamente e sen condicións ao IGVS polos seus antigos propietarios, que non podían facer fronte á rehabilitación do mesmo. O inmoble é propiedade ao cen por cento do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O director xeral do IGVS recordou tamén que o IGVS investirá este ano 500.000 euros na adquisición de novos inmobles no conxunto histórico de Betanzos para proceder á súa rehabilitación. Con tal fin, o pasado 12 de xaneiro fixo pública unha oferta de adquisición de inmobles, cuxos propietarios poden ofertalo aos IGVS ata o próximo 22 de abril. O IGVS está interesado en inmobles en estado de ruína ou semirruína. Despois de formalizar a adquisición redactaranse os proxectos e procederase á rehabilitación dos mesmos cun investimento previsto de 1,6 millóns de euros.

O importe total da intervención drirecta do IGVS no conxunto histórico de Betanzos suma máis de 6,3 millóns de euros entre os inmobles xa adquiridos, os que se van a mercar e a rehabilitación dos mesmos.

Por outra parte, o director xeral do IGVS lembrou que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento levan concedido axudas por importe de 1,2 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas por parte dos seus propietarios, así como obras de urbanización e reurbanización realizadas polo concello, no ámbito da área de rehabilitación do conxunto histórico de Betanzos. Ademáis lembrou que dúas parroquias de Betanzos taméns e poden beneficiar das axudas da área de rehabilitación dos Camiños de santiago, xa que polas mesmas transcorre o Camiño Inglés.