Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA FINANCIA A COMPRA E REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS PÚBLICOS EN PONTEAREAS A TRAVÉS DE PRÉSTAMOS SEN XUROS POR IMPORTE DE CASE 480.000EUROS

- O Fondo de cooperación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda permitiralle ao Concello a adquisición dun inmoble para destinar a casa cultural e dun espazo para servizos de apoio a empresas
- Ademais, será posible acometer obras de eficiencia enerxética na biblioteca-museo e na escola infantil


Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, concedeu catro préstamos sen xuros ao Concello de Ponteareas para a adquisición de dous inmobles para usos públicos e a rehabilitación en materia de eficiencia enerxética de outros dous.

En todos os casos os préstamos concédense a través do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Este instrumento, creado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, permite financiar en óptimas condicións actuacións municipais de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como no seu caso a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

Os préstamos concedidos ao concello de Ponteareas teñen un importe de case 480.000 euros e unha vixencia de oito anos. Os préstamos serán destinados ás seguintes actuacións:

1. Adquisición de inmoble na parroquia de Pías para as súa conversión en casa cultural. O préstamo ten un importe de 150.000 euros.

2. Adquisición da segunda e terceira plantas do edificio da Seguridade Social para a oferta de servizos de apoio a empresas. O importe do préstamo é de 156.364 euros.

3. Mellora da eficiencia enerxética na escola infantil. Importe do préstamo: 104.342 euros.

4. Mellora da eficiencia enerxética en biblioteca-museo. Importe do préstamo: 69.232,16 euros.

Con cargo a este Fondo xas se concederon préstamos sen xuros aos concellos de Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, Xunqueira de Ambía, Boiro e Rubiá, ademais de Ponteareas.