Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA MÁIS DE 22.500 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS DE MÁIS DE 850.000 EUROS

• As sete parcelas están nos parques empresariais de Santiago, Sigüeiro, Ordes, Lugo e O Pereiro de Aguiar
• Desde o ano 2015 a Xunta leva adxudicados preto de 1,3 millóns de metros cadrados de solo empresarial


Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018.- A Xunta de Galicia vén de adxudicar máis de 22.500 metros cadrados de solo, nos parques empresariais de Santiago, Sigüeiro, Ordes, Lugo e O Pereiro de Aguiar, por importe de 1,02 millóns de euros e bonificacións de máis de 850.000 euros.

A comisión executiva de Xestur Galicia adxudicou hoxe sete parcelas de solo empresarial nestes parques empresariais, e na xuntanza tamén autorizou o cambio da parcela adxudicada anteriormente a unha empresa, que se traslada a unha parcela de maior superficie.

No seguinte cadro recóllense as sete parcelas de nova adxudicación:

 

PARQUE EMPRESARIAL

NÚMERO DE PARCELAS

SUPERFICIE DA PARCELA m 2

PREZO PAGADO POLA EMPRESA €

BONIFICACIÓN €

A Sionlla (Santiago de Compostela)

1

1.200

129.300

55.440

Sigüeiro (Oroso)

1

3.279

160.671

68.859

Ordes

2

5.508

112.915

112.915

As Gándaras (Lugo)

2

11.650

578.747,50

578.747,50

O Pereiro de Aguiar (Ourense)

1

945

37.800

37.800

TOTAL

7

22.582

1.019.433,5

853.761,5

 

Dende 2015, en que se puxeron en vigor as bonificacións do 30 e 50 por cento sobre o prezo do solo propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xestionado a través do Instituto Galego de Vivenda e Xestur, adxudicáronse preto de 1,3 millóns de metros cadrados de superficie.