Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE AREAS DE REHABILITACIÓN DE 35 CONCELLOS GALEGOS RECIBIRÁN 18 MILLÓNS DE EUROS

 

- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza un novo reparto dos fondos correspondentes ao ano 2018 para as áreas de rehabilitación integral
- Ángeles Vázquez recorda que as accións de rehabilitación poden ser por medio de axudas aos propietarios ou a través de actuacións de urbanización e reurbanización que leve a cabo o concello
- Salienta que a nova Lei de Rehabilitacion, en tramitación, pretende mellorar e axilizar os procedementos e trámites necesarios co fin de que os galegos vexan unha oportunidade nesta liña de acción
- Vázquez Mejuto visitou esta mañá as actuacións que se levan a cabo na área de Marín que contará con case 600.000 euros máis, polo que o investimento total para este concello é dun millón de euros
- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá que o Goberno galego repartirá case 18 millóns de euros para actuar en 54 áreas de rehabilitación de 35 concellos galegos. A nova responsable en materia de Vivenda da Xunta visitou esta mañá as actuacións que se están a executar na Área de Rehabilitación de Marín, que grazas a este reparto de fondos correspondentes ao actual exercicio para as áreas de rehabilitación integral, Marín suma un orzamento de 600.000 euros máis.

Santiago, 2 de outubro de 2018.- Vázquez Mejuto salientou que as áreas de rehabilitación son unha peza fundamental na política de vivenda deseñada pola Xunta; tal e como demostran as 69 áreas de rehabilitación declaradas en 41 concellos de Galicia a día de hoxe, que se elevan a 107 concellos, si se suman as áreas dos Camiños de Santiago, é dicir, “máis do 40% dos concellos galegos contan polo menos cunha área de rehabilitación”, destacou.

A conselleira defendeu que a rehabilitación é un dos piares fundamentais sobre os que se asenta a política do Goberno galego en materia de vivenda, porque permite recuperar e mellorar o xa construído, xerar un número de postos de traballo significativamente superior á nova construción de vivendas e reduce a presión urbanizadora sobre a contorna.

Destacou que o reparto de novos fondos permitirá sumar novas iniciativas e incrementar o parques de vivendas nas que se actuou que ascende a máis de 12.000 desde a creación das áreas integrais, co fin de que as galegas e os galegos acaden as mellores condicións de vida nunhas vilas e cidades coidadas e humanizadas.

Engadiu que outro elemento que potenciará esta liña de traballo será a futura Lei de Rehabilitación, un texto que se atopa en tramitación e co que se pretende mellorar e axilizar os procedementos e trámites necesarios. “O Goberno galego quere que a rehabilitación de vivendas resulte cada vez máis atractiva para os cidadáns e as medidas adoptadas nesta materia sexan máis eficaces”, defendeu, e explicou que actualmente existen dúas vías para levar adiante accións de rehabilitación: por medio de axudas aos propietarios de vivendas ou con actuacións de urbanización e reurbanización que leve a cabo o concello.
Un millón de euros para a ARI Marín

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salientou que os veciños de Marín que desexen desenvolver accións contarán con 600.000 euros máis; que se suman aos máis de 413.000 euros que están actualmente en execución procedentes de repartos anteriores, polo que a dispoñibilidade total para Marín ascende a un millón de euros.

A área de rehabilitación do conxunto histórico de Marín foi declarada hai sete anos, e ampliada en 2015, incluíndo xa na súa delimitación o barrio da banda do río Lameira. Grazas aos fondos destinados ao longo destes anos, preto dun millón de euros, rehabilitáronse un total de 124 vivendas neste concello, que ademais ten recibido axudas por importe de 230.000 euros para levar a cabo tarefas de urbanización e reurbanzación nesta área de rehabilitación.

Novo reparto de fondos ás ARI´s
(Total: 17.915.000 €)
A CORUÑA
LUGO
A Coruña
2.036.996,88 €
Lourenzá
94.832,04 €
Betanzos
431.581,23 €
Lugo
322.789,10 €
Corcubión
229.165,19 €
Mondoñedo
207.834,58 €
Ferrol
2.546.622,93 €
Monforte de Lemos
186.159,37 €
Mugardos
113.289,85 €
Quiroga
200.157,48 €
Muros
104.849,66 €
Ribadeo
504.827,56 €
Noia
58.332,85 €
Sarria
39.748,08 €
Padrón
134.093,23 €
Sober
109.050 €
Rianxo
48.930,95 €
Vilalba
32.000 €
Santiago
2.687.250 €
Viveiro
158.725,53 €
OURENSE
PONTEVEDRA
Castro Caldelas
32.000 €
Caldas de Reis
324.181,44 €
Celanova
92.091,62 €
Cambados
44.417,40 €
Ourense
1.690.573,91 €
Cangas
512.259,24 €
Ribadavia
154.180,71 €
Marín
594.809,61 €
Vilar de Santos
32.000 €
Poio
343.184,38 €
Xunqueira de Ambía
32.098,66 €
Pontevedra
843.905,45 €
 
Tui
130.658,46 €
Vigo
2.554.505,17 €
Vilagarcía
164.996,56 €