Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA CASE 70.000 METROS CADRADOS DE SOLO A PREZOS BONIFICADOS EN OITO PARQUES EMPRESARIAIS GALEGOS

• A comisión executiva de Xestur Galicia acordou esta mañá a adxudicación dun total de 14 parcelas localizadas nos concellos de Santiago, Carballo, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos
• O prezo de venta destes solares ascende a 5,4 millóns de euros, unha vez aplicadas xa as bonificacións da Xunta e que suman preto de tres millóns

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019-. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 69.494,53 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Carballo, Santiago de Compostela, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos. Así se acordou esta mañá durante a reunión da comisión executiva de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En total, adxudicáronse 14 parcelas cun prezo de venda que ascende a 5.388.897,58 euros, unha vez descontadas xa as bonificacións correspondentes –que poden ser do 30 ou do 50%, en función do concello no que estea o parque- e que suman en global 2.754.405,85 euros, tal e como se detalla no seguinte cadro.

 

PARQUE

NÚMERO DE PARCELAS

SUPERFICIE m 2

IMPORTE DA BONIFICACIÓN €

Bértoa (Carballo)

3

7.317

271.746,53

A Sionlla (Santiago)

3

21.669

980.960,40

Negreira

2

3.213

69.679

Pereiro de Aguiar

2

3.750

300.000

Central de transportes de San Cibrao das Viñas

1

5.338

183.482,14

Mos

1

16.730

569.321,90

As Gándaras (Lugo)

1

10.159

482.552,50

Viveiro

1

1.318,53

49.444,88

TOTAL

14

69.494,53

2.754.405,85

 

Cómpre lembrar que desde o ano 2015, no que a Xunta comezou a aplicar este tipo de bonificacións, adxudicáronse máis de 1,4 millóns de metros cadrados de solo empresarial nos parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur, con descontos que suman 46,59 millóns de euros. Na mesma liña, cómpre lembrar que a partir do ano 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicación de solo en forma de dereito de superficie, unha modalidade que lle permite ás empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido por metro cadrado.

Para continuar facilitando o acceso a solo empresarial nalgún dos parques existentes da comunidade, a Consellería de Medio Ambiente puxo este ano a disposición das empresas galegas ou daquelas de fóra interesadas en asentarse na comunidade máis de 1,25 millóns de metros cadrados pertencentes a Xestur e ao IGVS con prezos de venta bonificados nun 50% ou nun 30%, dependendo da zona onde se empracen as parcelas.